Recollemos e defundimos esta información recollida da web de Esculca:
Segundo o relato da vítima e varias testemuñas presenciais, os axentes obrigaron J.C.A.A. a sair a rúa sen mediar motivo algún que xustificase a agresiva actuación policial. Cando E.A.S. sai do local para averiguar que pasa e por qué o seu compañeiro é levado fora, ela mesma é empurrada, espancada e alxemada polo axente agora condenado.
O día 17, E.A.S. foi atendida das lesións sofridas no servizo de urxencias onde se emite un parte forense que, a pesar de nesa altura teren decorrido case dous días, confirma a violencia das pancadas recibidas.
Irregular actuación da Xefatura da Policía Local de Vigo
A sentenza tamén recolle a irregular actuación da xefatura da Policía Local de Vigo que se negou a identificar os axentes implicados na agresión, e iso a pesar de ter mediado denuncia dos proprios axentes contra E.A.S. e esta denuncia ter provocado unha proposta de sanción da Subdelegación do Goberno, proba de que "algún altercado de orde pública debeu acontecer".
"Esta falta derivada dunha incorrecta e manifesta intención de non responder de forma correcta ao requerimento xudicial polo órgano administrativo (a Xefatura da Policía Local de Vigo) fai que o fiscal solicite que se deduza testemuño contra este organismo pola posíbel desobediencia a dito mandado xudicial de información, posto que se "oculta" de forma evidente e notoria polo responsábel do Concello ao que se solicita a información por este xulgado para evitar unha correcta identificación dos axentes que espancaron, alxemaron e despois propuxeron sanción administrativa a E.A.S., sen respoder dito requerimento", conclúe a xuíza Belén Rubido de la Torre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario