Tal como adiantaramos onte na noticia de Abordaxe "Apoio ao Gamonal" "a xente do barrio do Gamonal acordaran en asamblea a continuidade do movimento veciñal". Hoxe colamos acá os acordos tomados segundo información extraída e traducida de DiariodeVurgos:
Foi unha semana moi intensa que a xente comezou un proceso de destrución-creación. Destrución do vello mundo e creación do novo. (...) O movemento non se detén e despois de conseguir a paralización definitiva das obras non retrocede avanzando na loita pola absolución dos detidos, a desmilitarización da cidade e a dimisión do Alcalde. Apuntan moito mais alá cara á extensión da loita no ámbito da vivenda, o traballo-paro-precariedade... e a creación dunha comunidade de loita que arrepor ás diferentes agresións do Estado.
O luns empezasen a obras para que a rúa volva á súa situación anterior, polo que a asemblea está a barallar diferentes posibilidades para continuar con elas. Propúxose seguir con estas na praza san Bruno pola súa proximidade por ser tamén un símbolo máis da especulación e forma de actuar dos poderosos no barrio. Derrubaron un antigo mercado de abastos deixando malamente un "parque" con grava para que Arranz Acinas poida construír nun futuro pisos a prezo de ouro. Mentres hai miles de pisos baleiros en Burgos e decenas de desafiuzamentos. Tamén se está a barallar a posibilidade de buscar un sitio pechado que permita reunirse sen as inclemencias do tempo, seguir diante das loitas que vaian xurdindo e desenvolver a cultura da xente do barrio.
Tamén se destacou a importancia de manter a unidade e saber entenderse entre as diferentes posturas que xurdan ante problemáticas concretas. De como buscan dende arriba a división, de que todos somos necesarios, os maiores, os mozos, as nais e pais, os nenos xuntos adiante contra os que nos queren impoñer esta estafa.
A caducidade das vellas estruturas de pseudoparticipación como os partidos políticos e a abertura de creación da asemblea autoorganizada que sen líderes, de igual a igual abre paso en loita por un mundo novo.
Barrio vivo, unido e combativo adiante!
Levamos un mundo novo nos nosos corazóns!
Pintada na caseta das obras:
¡La barricada cierra la calle pero abre el camino! (Paris, Maio 68- Gamonal, Xaneiro 14)
19 ene 2014
[Gamonal] A Loita Continúa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario