19 ene 2014

[Audio] Presentación no CSO "La Gatonera" do libro "Un Resquicio Para Levantarse. Historia Subjetiva del APRE", a cargo do seu autor, Javi Ávila Navas

A primeiros de ano dabamos conta en Abordaxe da imediata saída ás rúas deste libro de Javi Ávila, a quen esperamos ter por estas terras en breves para que nos conte "ao vivo" sobre estas experiências, mais entretanto ofrecemos o aúdio editado por KuartoOscuro da presentación o pasado 17 de xaneiro no C.S.O. "La Gatonera" (Madrid) –coeditores xunto a Tokata e a distribuidora L'Escafandre- e colamos o texto presentación:

Hai vidas e vidas. Esta é a dun rebelde cuxa forma de ser lévalle a participar na creación de situacións das que dan que pensar.

Despois de ser "cliente", dende moi rapaz, das institucións punitivas estatais, enfrontouse sempre a elas con impulso refractario e autoafirmativo, intentando e logrando a fuga en numerosas ocasións. Aínda así, pasou 28 anos en prisión, moitos deles sometido ao programa penitenciario de neutralización chamado eufemisticamente "Réxime Especial", que poderiamos chamar con maior propiedade réxime de máxima crueldade, verdadeiro núcleo duro da institución total carceraria.

Ante a súa acción deshumanizante, encontrou, cos seus compañeiros de castigo, na amizade e o apoio mutuo e na loita común pola liberdade, a xustiza e a dignidade de todos, un refuxio onde continuar sendo eles mesmos. Para avivar o lume da insurrección contra as infrahumanas condicións de vida nos cárceres españois, que levaba acendido xa uns cantos anos, concibiron o APRE -Asociación de Presos en Réxime Especial- para intentar aglutinar, ao redor dunha táboa reivindicativa e unhas tácticas comúns, á minoría de irredutibles que foran destinados a "o cárcere dentro do cárcere" para quebralos, disuadíndoos de seguir intentando a fuga e a súa supervivencia como seres humanos.

Aínda que a chama se estendeu durante algún tempo, o seu levantamento foi esmagado finalmente no illamento, pola violencia e pola astucia da esquerda da partitocracia española, os "socialistas" da corrupción e do GAL, apoiados incondicionalmente polos "medios de comunicación de masas" e pola maior parte da sociedade española do momento.

Pero conquistaron polo menos un punto de vista, unha perspectiva da dominación, lograda enfrontándose a ela en primeira liña. Moi reveladora, polo tanto, para os que algunha vez se decidan a intentar o mesmo. Dende aí poden comprenderse mellor tamén os cambios subseguintes no sistema penitenciario, como a construción de macrocárceres ou a invención dos "módulos de respecto".

O que se ofrece aquí é, entre outras cousas, un exercicio de memoria e reflexión sobre todo iso.

Audio editado ao que extraéuselle o debate posterior.


Se estás interesadx na súa audición completa podes facelo aquí:


No hay comentarios:

Publicar un comentario