19 ene 2014

OS PARVOS DOS COLLÓNS

Colo (e traduzo) para quen poida interesar, este texto publicado en FaktoriaLila acompañado deste video do tema "Tu, tururu tutu tururu TÚ" do grupo "De Espaldas al Patriarcado":



Son os que gozan sabendo que che dan medo. Son os que non entenden por que che dan medo. Son os que se burlan do teu medo. Son os que te teñen medo.

Son os que cren que, por falar máis alto, te van facer cambiar de opinión.

Son os que che berran pola rúa o que opinan sobre o teu corpo, e o que farían con el, se se atrevesen.

Son os que creen que saben o que necesitas, o que é mellor para tí, os que cren que es un diamante en bruto, que eles che van pulir.

Son os que te deixan falar, pero non te escoitan. Son os que din que saben escoitar, pero non te escoitan. Son os que nin te deixan falar, nin te escoitan.

Son os que fan bromas, cando van en grupo, que nunca farían se estivesen sós. Son os que che fan bromas cando estás soa, que nunca farían se estiveses con outros.

Son os que cren que sen eles estás soa.

Son os que teñen medo de que lles fales dos teus sentimentos. Os que se cagan de medo se lles falas dos teus desexos. Son os que creen que sentir algo faite ser menos ca eles. Son os que teñen medo ás mulleres sen medo.

Son os que non entenden que non queremos ser fortes, nin valentes, queremos ser libres. Son os que non entenden que son os seus privilexios os que non nos deixan selo.

Non son todos, pero son máis dos que parece.

Son os que din que as mulleres exercemos a violencia psicolóxica, porque non podemos exercer a física. Os que cren que o fariamos se puidésemos.

Son os que cren que gañamos menos, porque traballamos menos, ou porque somos máis parvas.

Son os que din que imos de vítimas. Son os que cren que hai dous tipos de mulleres.

Son os que van a todas as manis, menos ás lilas. Son os que se solidarizan con todas as causas, menos coas túas.

Son os que cren que necesitas o seu permiso, o seu referendo, a súa opinión, a súa lección, a súa arenga.

Son os que, no fondo, non se creen que somos "nós", cren que somos "elas".

Son os que saben o que pensamos as mulleres, aínda que pensen o contrario que elas.

Ás veces, paga a pena. Explicalos, contarlles, ensinalos... Outras veces, é mellor darse a volta.

Non son todos, pero son máis dos que parece.

(colado e trad x eDu)

No hay comentarios:

Publicar un comentario