Recollemos esta información das webs Publicación Refractario e BioBioChile e máis do blogue RojoOscuro (quen ofrece información dos medias, que ampliamos):
Urxente: deteñen compañeira acusada de disparar a un guarda de banco Estado
Tras os disparos, a compañeira deixa o revolver co que entrou, subtrae o do garda e escapa en bicicleta do sector.
Pola súa banda o miserable conseguiu ser atendido salvando con vida do atentado.
Por outra parte, segundo a prensa e a policía a compañeira Tamara Sol Farías Vergara é detida logo de que se dirixía á comisaría para deixar unha constancia por roubo dunha bicicleta, cando os policías deciden revisar o bolso que portaba, ela resístese intentando empuñar revolver ao que persoal da comisaría consegue reducila. Na comisaría négase a colaborar e entregar a súa identidade.
Recordemos que o compañeiro anarquista Sebastián Oversluij, foi abatido fai xa máis dun mes por un miserable uniformado dun Banco Estado, en Pudahuel logo dunha frustrada expropiación.
Mañá, 22 de Xaneiro(*), a compañeira será formalizada ante os tribunais de (in)xustiza ás 11:00 Hrs aparentemente polos delitos de "roubo cualificado" (o revolver do vixilante) e "homicidio frustrado".
Todo o noso cariño anárquico e solidario para ela, e para a súa familia, sempre caracterizada por unha fermosa dignidade rebelde: Estamos con ela, estamos con vostedes!
¡ Solidariedade inmediata e indómita coa compañeira Sol!!!
¡ ¡ Non deixaremos espazo para o circo mediático, a prea dos voitres, as campañas do terror dos poderosos nin as fantasías de fiscais: Solidariedade! Agora!!
(*) Así coubriu Refractario a noticia onte 21; hoxe soubemos do xuizo que recollemos como dixemos de RojoOscuro e con o defundido por outros medias ( ao non dispoñer de fontes máis fiáveis):
En prisión preventiva queda a compañeira Tamara Farías
FORZA E SOLIDARIEDADE COA COMPAÑEIRA TAMARA!!
Dende a prensa
Con incidentes remata a formalización de Tamara Farías
Con intervención de Carabineros e a detención de polo menos unha persoa rematou a audiencia de formalización de Tamara Farías, a moza acusada de disparar a un garda de seguridade dunha sucursal de BancoEstado.
Amigos e familiares da sobriña dos irmáns Vergara Toledo, asasinados en 1985 por oficiais de carabineiros (e a quens se lembra cada ano no "Día del Joven Combatiente"), atacaron a prensa cando abandonaban o Centro de Xustiza, o que provocou a reacción policial.
Previamente xa tiveran problemas con xendarmes ao intentar ingresar a audiencia, á que só puideron asistir a nai e os avós da moza.
Tamara Farías foi formalizada por roubo calificado, homicidio frustrado e porte ilegal de arma de fogo, e quedou en prisión preventiva.
En contraste co anterior a defensa da imputada, o seu avogado Rodrigo Román, asegurou que non hai claridade en torno á participación da muller no delito, xa que as imaxes das cámaras non son claras.
Tras expoñer os feitos ante o tribunal, o fiscal Núñez solicitou a prisión preventiva da imputada, petición á que a maxistrada Paola Robinovich accedeu, por considerar que a muller constitúe un perigo para a sociedade e que existe perigo de fuga.
O delito de roubo cualificado ten unha pena que parte nos 10 anos e un día de cárcere e que pode chegar ao presidio perpetuo cualificado.
Segundo as primeiras indagacións e nun antecedente aínda non ratificado, a muller puido actuar por vinganza debido á morte do mozo anarquista Sebastián Oversluij (25 anos), quen perdeu a vida o 11 de decembro, cando intentaba asaltar o Banco Estado de Pudahuel, pero foi repelido polo garda de seguridade, quen lle propinou un disparo na cabeza.
Seguiremos informando
eDu
No hay comentarios:
Publicar un comentario