Reproducimos (traducido) este texto que saiu publicado dende a Campaña Cárcere=Tortura, incluíndose no seu último Boletín de dec 2013-xan 2014 e que recibimos por correo de unha compañeira que considera que "molaba publicar illadamente" e que no-lo fixo chegar por ver se lle dábamos o visto bo para publica-lo acá en Abordaxe, ao que acedemos gostosas:
Somos antifascistas, o cal se converte en escusa e, ás veces, lexitimación de nosos comportamentos machistas; somos feministas, e como iso é o máis importante na miña realidade como "muller oprimida", aliméntome de sufrimento alleo, pois nada ten que ver esa realidade miña coa da vaca á que violan sistematicamente durante toda a súa vida para que eu poida consumir o seu leite; somos veganxs e estrikis, pero enchemos a boca criticando as compañeiras que deciden organizarse autonomamente en espazos non-mixtos...
E é que "non podemos abranguelo todo", como tantas veces me responderon. Non podemos abranguelo todo nas nosas prácticas de organización e praxes políticas, pero se que podemos incorporalo no noso discurso e nas nosas prácticas cotiás, no noso día a día... non necesitamos montar un colectivo de liberación animal para non nos alimentar doutros animais, ao igual que non necesitamos participar en grupos de acción anarco-feminista para dedicarlle algo do noso tempo a xestionar as merdas patriarcais que hai en nós -que son como as meigas en Galiza, habelas hainas, en maior ou menor grao-.
E envorcamos gran parte do noso tempo e enerxías en loitas anticarcerarias, pero non nos interesa unha merda cuestionarnos a nós mesmos dende un enfoque de xénero, nin poñer algo da nosa parte cando a uns cantos descerebrados -que máis ben definiremos como faltas de experiencias, ao mellor sen ter nin idea da súa experiencia- ocórreselles formular que unha boa, e sobre todo necesaria, maneira de romper con esta visión fragmentada é currar na loita anticarceraria e introducir nela unha perspectiva anarcofeminista, perspectiva na que moitxs de nós xa viñamos traballando antes de abranguer o ámbito antirrepresivo. E digo necesaria porque dentro deste ámbito -como en tantos outros- denotamos carencias de reflexión e autocrítica no que ao patriarcado como eixe de opresión refírese. E isto é así non só cando o formulamos dende o teórico e o académico -cuxa crítica sería un debate á parte- senón tamén cando o formulamos dende o vivencial, dende as experiencias que fomos acumulando as compañeiras que, durante maior ou menor tempo, estivemos a dedicarnos a isto.
E aquí ten que empezar a parte politicamente incorrecta, e é que ata o momento estiven a escribir dende o racional, pero NECESITO seguir escribindo dende a rabia; a dicotomía razón-emoción é produto da ideoloxía patriarcal, e xa sabemos -ou teriamos que saber- a que xénero se lle atribúe a razón e a cal a emoción... e aínda que esta dicotomía é falsa, así entendémola e así vivímola, por exemplo, cando dicimos que unha compañeira non está preparada para a acción anticarceraria porque chora en certos momentos, ou cando pretendemos obxectivar todas e cada unha das reflexións/accións que levamos a cabo, ou cando esiximos que un texto crítico/reflexivo sexa perfectamente racional en todo momento para darlle validez, sen recoñecer a trampa que hai detrás diso: o veto á lexitimidade dos sentimentos, o veto a posturas non "conciliadoras", non "pacientes", o veto a falar dende a rabia... e cando isto o fai unha tía que está a falar de xénero -parece importar pouco en que termos ou sobre que contexto- a deslexitimación déixase caer deseguida, xa sex tratándoa de "feminazi" -demasiado típico e desgastado xa- ou aludindo, como diciamos antes, á súa falta de experiencia, por exemplo... Pois saben que? Súame a cona!
Súame a cona porque xa me deslexitiman paternalizándome dende a escusa do "dígocho para que aprendas", cando o que hai de fondo é moito medo á posición en que o meu discurso lles deixa, xa me deslexitiman cuestionándome cando levanto o meu dedo para sinalar a algún agresor -sobre todo se ese agresor posúe o status de vaca sagrada, que tamén como as meigas en Galiza-; xa me deslexitiman cando afirmo que hai moito machismo nos nosos espazos supostamente liberados, que hai moitos machiños de chapa e traxectoria politicamente impecable; xa me deslexitiman cando me soltan como resposta a todo isto o tan patético como típico "o matriarcado tamén é malo" -por favorrr, levamos uns cinco mil aniños de patriarcado, polo menos en occidente... chámame cando vivamos socializadas baixo un matriarcado e falámolo oíches-; xa me deslexitiman cando pregunto onde están as presas?...
En fin, cansas de todo isto. Cansas de ver o trato diferente que se nos dá con respecto aos compañeiros. Cansas de que se dea por feito que isto do feminismo ten que ser cousa nosa. Cansas de ver como se mete o conflito debaixo da alfombra cando pon en perigo a boa reputación de algun super anarkista de toda a vida, cansas de que dígannos que pensamos así porque estamos traumatizadas porque algún "mal tío" algunha vez fíxonos dano, cansas de escoitar "isto a min non me afecta porque eu o teño superado", veña xa! Cansas de recibir cartas de supostos compañeiros que piden explicitamente cartearse con algunha rapaza, cansas de ler nesas cartas descricións físicas que nada teñen que ver coa loita e que nin de coña escribirían se o remitente fose un tío.
Cansas de que veñan a dicirnos que proxectar un documental sobre a misoxinia interiorizada non é político, de que nos acusen de caer no victimismo, de recibir consellos mentres os nosos compañeiros reciben camaradaría, de ter que xustificarnos ata o cansazo por non estar de acordo con iso de que o machismo xa está superado. Se está superado, porqué segue sucedendo todo isto?
Pois si, non é unha cuestión de ideoloxía nin de crenzas, se non de vivencias, e a nosa móstranos que os principios patriarcais, sexistas, machistas, androcentristas... -valla a redundancia- seguen altamente presentes entre nós. Poderiamos achegar como probas diso -si, probas, desas que tanto se reclaman nos casos de agresións aínda dende os ámbitos baseados nun enfoque en contra do castigo- a linguaxe que seguimos empregando de o xeito máis descarado; cantas veces ao día te cagas na puta ou pos de manifesto o coñazo que che parece algo?... pero este é un temón que merece outro artigo á parte.
Esta vez poñeremos como "probas" nosas propias experiencias, as nosas propias vidas, para dicirte que toda esta merda aínda existe... se miras cara a outro lado, ou te dedicas a desgastarnos con escusas que nacen da túa falta de interese e honestidade, cando todo un sector de compañeiras de loita estámonos a deixar a pel e a paciencia -a que xa nin temos nin queremos ter- en cambiar unha realidade intrinsecamente opresora que nos afecta negativa e directamente, non te denomines antiautoritario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario