24 nov 2013

Manifestación Antifascista polas rúas da Coruña

Cerca de trescentas persoas percorreron onte as rúas coruñesas para amosar o seu rexeitamento frontal ao fascismo.

Ante o aumento de pintadas e propaganda fascista polas rúas da Coruña, a recén formada "Acción Antifascista Coruña" convocou unha protesta para o sábado seguinte ao 20 de novembro, data simbólica por ser o aniversario da morte de Franco e de Primo de Rivera. Dado o elevado número de asistentes, que pasaban amplamente das dúas centenas, o que ía ser unha concentración diante do Obelisco rematou saíndo en manifestación pola céntrica rúa Real e Rego de Auga ata rematar na Praza de María Pita diante do concello. Alí leuse o comunicado (-AQUÍ) e finalizou sen incidentes esta protesta que, polo demais, discorreu de forma bastante combativa entre bengalas, petardos e consignas antifascistas.

A policía, aínda que presente en todo momento, preferiu non se deixar ver demasiado para non provocar a concorrencia.

C.R.
O video é de "Galiza Contrainfo".

No hay comentarios:

Publicar un comentario