Este Martes 26 de Novembro ás 21:00h continúa o Cinema-Forum da Biblioteca Anarquista "A Gavilla". Desta vez proxectaremos "Kandahar" un filme que afonda na situación de Afganistán durante o réximen talibán, un réximen dictatorial extremo en todos os niveis, que se cebou especialmente con as principais víctimas do terrorismo cotiá e xeralizado: As mulleres. Unha ollada a un país onde as mulleres non teñen dereito nin a súa propia imaxe, mentres viven, tras o burka, unha realidade atroz. Un filme impactante cun guión reflexivo e unha soverbia fotografía e composición, qué nos achegan a unha realidade sociolóxica extrema.
Sipnose e ficha técnica:
Nafas é unha xoven periodista afgana refuxiada en Canadá. A súa irmá pequena vive en Kandahar, e envíalle unha carta desesperada dicíndolle que decidiu quitarse a vida antes do derradeiro eclipse de sol do segundo milenio. Nafas fuxiu do seu país durante a guerra civil talibán, e agora decide voltar a Afganistán para axudar a súa irmá e intentar cruzar a fronteira entre Irán e Afganistán...
País: Irán.
Ano: 2001.
Duración: 81 min.
Dirección, guión e montaxe: Mohsen Makhmalbaf.
Intérpretes principais: Niloufar Pazira (Nafas), Hassan Tantai (Tabib Sahid), Sadou Teymouri (Khak).
Música: Mohamad Reza Darvishi.
Fotografía: Ebrahim Ghafouri.
Dirección de producción: Syamak Alagheband.
Biblioteca Anarquista "A Gavilla"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario