Á espera de ter máis información sobre este suceso que é noticia en todos os medios, difundimos esta opinión ao respeito publicado, onte día 2, na web Regeneración Libertaria escrito baixo o seudónimo "La Colectividad":
Sen coñecer a autoría dos feitos, soamente nos queda a especulación ao respecto. Realmente podería ter sido calquera: comunistas buscando vinganza polo asasinato de Fyssas hai un mes e medio; insurreccionalistas levando a loita a outro nivel; ou mesmo o propio Estado (ou o propio Amañecer Dourado) intentando crear un contexto favorable para escusar a represión que se nos vén enriba.
Sexa como sexa, o que temos que ter por seguro é que a maquinaria represiva do Estado xa comezou a funcionar. Segundo me contan, Atenas amenceu chea de policías nas rúas. E non creo que estean alí precisamente para parar potenciais disturbios. Tamén é seguro que simpatizantes militantes de Amañecer Dourado emprenderán as súas propias accións, polo que habemos de esperar posibles ataques contra grupos de esquerda e inmigrantes. Estxs últimxs, de converterse no obxectivo dos nazis, serán xs que sufran máis as consecuencias do acontecido onte, pois son o colectivo máis vulnerable do país (e onde non o son?).
Segundo se reporta nas noticias, os atacantes usaron unha arma automática e unha moto para fuxir. As fontes do Estado de Grecia falan dun ataque terrorista, organizado, e executado con profesionalidade. A experiencia de loita e resistencia dxs anarquistas gregxs, sen dúbida, curtiu moitas persoas que adquiriron ao longo dos anos 1990's e 2000's os coñecementos necesarios para realizar este tipo de accións. Non obstante, realmente foron anarquistas? Non soa todo isto un pouco desatinado dado o contexto de tensión e de inminente represión estatal?
Como a hipótese que nos podería interesar máis é a dxs anarquistas, temos que prever o que se nos vén enriba así como pararnos a reflexionar sobre as razóns para levar unha acción desta envergadura (repito que soamente é unha hipótese a día de hoxe. A idea contraria, a do Estado, podería ser tamén posible pois, non está o Goberno de Samaras interesado en ter un contexto que xustifique a supresión completa dos grupos máis problemáticos?
Así pois, tomando a hipótese da autoría anarquista, poderiamos pensar que o acto tivo unha lóxica de vinganza. Non obstante quedar aí sería ridiculamente simplista. Quen coñeza un pouco a historia do anarquismo grego saberá que en Grecia existe un gran número de grupos insurreccionalistas que se curtiron na loita directa contra a policía ao longo destas dúas últimas décadas e media. O resultado da experiencia permítelles levar accións que soamente poden ser soñadas en países como España, Estados Unidos, ou Italia (historicamente tres países con notable tradición insurreccionalista). Xs anarquistas gregxs de hoxe teñen a experiencia e coñecemento necesarios para entrar nun supermercado e expropiar a metade da comida en tan só 30 segundos; teñen a experiencia necesaria para arrasar calquera distrito comercial en cuestión de minutos e non ser arrestadxs; como tamén teñen o coñecemento necesario para ocupar edificios e parques e crear tecido social á mañá seguinte. E dende logo que teñen os coñecementos e experiencia necesarias para levar a cabo unha execución como a de onte.
Pero dalgunha forma antóllaseme caprichoso o momento. Ninguén dúbida que os elementos máis radicais do anarquismo en Grecia arden en desexos de levar a loita de clases a un nivel de visibilidade maior. Non obstante, calquera que coñeza o movemento grego admitirá que existen certas cousas "que non encaixan" na hipótese que estamos a tratar aquí. Se tras a morte de Fyssas Atenas non ardeu coa intensidade daquel decembro de 2008, será por algo. A lóxica que se expresou en certos grupos anarquistas de Atenas foi que a represión estatal está a escalar tan rapidamente que as accións hai que medilas moi ben, precisamente para non provocar e facilitar a represión. A mesma lóxica se podería aplicar á hipótese de que xs pistoleirxs foron anarquistas.
Ata que non saibamos máis, pouco se pode dicir. A falta dun comunicado de autoría tamén se me antolla rara, aínda que non habería que descartar que se estea a redactar nestes precisos momentos. De calquera xeito, e independentemente da autoría, o Estado xa empezou a moverse (1). A represión inxustificada chegará de novo moi pronto a Atenas, e os nazis sairán ás rúas buscando vinganza. De aí que xs anarquistas han de coordinarse mellor que nunca. Son xs anarquistas xs únicxs que poden parar potenciais ataques contra inmigrantes, homosexuais, e grupos indefensos de esquerda (non é unha cuestión de paternalismo senón de experiencia en tácticas de guerrilla urbana). Como tamén son xs únicxs que resistirán a represión policial. A presenza anarquista nas rúas atenienses será vital estes días, e non me cabe dúbida que as redes de contactos xa están a funcionar ao seu máximo para previr o que poida vir.
A todo isto só queda pola nosa banda mostrar e reafirmar unha vez máis nosa solidariedade para con xs que loitan e resisten en Grecia. E isto ten que ser así fosen xs que fosen xs autorxs dos feitos de onte.
Solidariedade con xs nosxs compañeirxs de Grecia!
Asina. "La Colectividad" (Escribo baixo pseudónimo plural porque creo que a miña completa liberdade individual chegará de xeito colectivo. Para xs que nos desprezan e reprimen soamente direilles: votedes a quen votedes, nos somos ingobernables!)
----------------
(1) Segundo informa Gara Naiz: A Policía grega afirmou que examina «todas as pistas» sobre o ataque no que morreron dous militantes do grupo neonazi Amañecer Dourado «e sobre todo as relacionadas con grupos extremistas que reivindicaron ataques nos últimos anos contra obxectivos políticos e institucionais» «en Grecia», en referencia sobre todo a grupos anarquistas.
Persoalmente non é por nada, pero a hipótese de que isto poida ser unha montaxe do Estado para criminalizar ó anarquismo chéirame igual que cando ante unha acción de sabotaxe especialmente contundente alguén berra sinalando ó acto coma falsa bandeira. Non me gusta nadiña esta postura xa que nos sitúa nunha posición de vulnerabilidade permanente, posto que a sospeita de que cada acción forte é unha montaxe leva a moitas a afastarse deses métodos e perder polo tanto unha das principáis ferramentas de auto-defensa e ataque cas que contamos as anarquistas: A Violencia Revolucionaria, nos seus diversos graos de radicalidade.
ResponderEliminarSe ben non creo que este sexa o obxectivo do texto ó mencionar a hipótese de que tras os axustizamentos dos dous fascistas poida estar o Estado, considero que non é positivo o discurso de "e se foi unha montaxe?, agora gracias a isto o goberno de Samaras terá excusa para eliminar ós grupos radicais e...". O mesmo dixeron certos eidos do anarquismo perante certas accións de, por exemplo, a CCF ou Loita Revolucionaria, e equivocáronse. A acción SEMPRE trae represión, é algo que temos que asumir tanto cando cometemos unha acción nós mesmas coma cando a cometen outras e nos colle cerca, e sabemos que a represión pode dirixirse contra as responsables ou de xeito aleatorio contra calquera sospeitosa de profesar ideas anarquistas.
Outra crítica que teño é cara o seguinte anaco do texto:
"Se tras a morte de Fyssas Atenas non ardeu coa intensidade daquel decembro de 2008, será por algo."
Bueno, paréceme MOI osado falar de que tras a morte de Fyssas Atenas non ardeu coma en decembro tendo en conta que as condicións dentro do anarquismo grego nas súas diversas e incluso opostas tendencias son moi distintas hoxe en día con respecto ó famoso Decembro. A pregunta non é por que non arde Grecia coma no 2008, a pregunta é por que non se soubo extender o lume cando este se prendeu...
dicen que o asasinato foi grabado...
ResponderEliminarhttp://rsamadrid.wordpress.com/2013/11/05/el-video-de-la-ejecucion-de-los-dos-cerdos-de-amanecer-dorado/