3 nov 2013

[Italia]. Xuízo polo disparo no xeonllo ao empresario nuclear Roberto Adinoli. Alfredo e Nicola asumen a responsabilidade

Colamos esta información da web Publicación Refractario:

O 30 de Outubro do 2013 os compañeiros anarquistas Alfredo Cospito e Nicola Gai chegaron ao Tribunal de Génova dende a sección de Alta Seguridade da prisión de Ferrara a enfrontar o primeiro día de xuízo no marco dun procedemento abreviado polo Gambizzato ao empresario nuclear Roberto Adinolfi o 7 de Maio do 2012.

Distintxs compañeirxs anarquistas congregáronse a solidarizarse con Alfredo e Nicola aos arredores do tribunal, mentres se estendían distintas medidas de seguridade tanto fóra coma dentro do Tribunal.

Ao ingresar á sala os compañeiros non foron encerrados nas usuais "gaiolas de acusados", senón que foron sentados fronte ao tribunal onde non mostraron respecto ningún á sucia autoridade.

Os miserables perseguidores, o fiscal Nicola Piacente e Silvio Franz solicitan a condena de 12 anos para Alfredo e 10 para Nicola.

O compañeiro Alfredo comezou a ler o comunicado onde asumía a responsabilidade política do disparo contra Adinolfi, sendo interrompido en varias ocasións pola xuíza do tribunal. Os compañeiros solidarios comezaron a insultala para que deixase ler a Alfredo, berrándolle: " Fascista! ".

Tras un sinal da nova inquisidora moderna, a policía se abalanzo sobre Alfredo e Nicola para ser expulsados da sala. Alfredo lanzou o comunicado e Nicola alcanzou a sinalar con xestos que deixaría o seu escrito no mesón. Ambos os dous foron sacados cun forte continxente policial, mentres levantaban os puños entre aplausos e berros de solidariedade por parte dxs compañeirxs.

No texto contan que a pistola a compraron no mercado negro, as revisións para chegar á casa de Roberto Adinolfi, e como enviaron a revindicacion. Tamén os compañeiros sinalaron que o miserable Adinolfi ao recibir o disparo tería berrado: "Bastardos, sei quen vos manda".

A continuación unhas breves citas das declaracións de Alfredo (aquí íntegra en italiano) e Nicola (acolá a súa), esperamos que compañeiros con máis experiencia e habilidade en traducións poidan facer unha máis fidedigna.

Alfredo Cospito:

"Nunha fermosa mañá de Maio actuei, son as poucas horas que gocei da vida ao máximo. Por unha vez deixei atrás o medo e a autoxustificación e me aventurei polo descoñecido"... "Quero ser moi claro: o núcleo Olga FAI/FRI só somos eu e Nicola. Ninguén máis participou, colaborou, deseñou en tal acción, ninguén estaba ao tanto do noso proxecto."...

"Pero pregúntome que é o terrorismo? Un disparo efectuado, dor intensa, unha ferida aberta ou a ameaza incesante continúa, unha morte lenta que devora por dentro. O terror continúo, incesante, que unha das súas plantas de enerxía nuclear vomiten en calquera momento a morte e a desolación"...

Estou feliz de ser quen son, un home libre, aínda que "temporalmente" con cadeas"


A continuación citas do texto de reivindicación de Nicola Gai:

Os únicos responsables do que aconteceu en Génova, o 7 de maio de 2012, son eu e Alfredo. Ninguén, incluíndo amigxs e compañeirxs, era consciente do que estabamos planeando"...

"Despois da catástrofe de Fukushima, Alfredo pediume que lle axudase na realización da acción contra o enxeñeiro Adinolfi, aceptei sen dubidalo.

"Agora que a experiencia do Núcleo Olga chegou á súa fin, o único que podo asegurar é que encontrei novas razóns para alimentar o meu odio e razóns para querer a destrución do existente, a autoridade, a explotación e a destrución da natureza"


O 12 de Novembro será o Veredicto contra ambos os dous compañeiros, a fiscalía sumou a petición dun millón de euros como indemnización por dano inmaterial que tería sufrido o Goberno e o Ministerio do Interior.

Dende a distancia, tras montañas e quilómetros de mar encontrámonos co sorriso na cara de Alfredo e Nicola ante o escuadrón de inquisidores: xuíces, xornalistas, fiscais. Son as palabras escritas na mesma tinta negra, a continuidade daquelxs compañeirxs que enfrontaron ao poder en distintos tempos e lugares, é a voz que continua malia as torpes pretensións de autoridade, a mesma que se escoita en distintas partes do mundo desoíndo as ameazas represivas.

Hoxe a digna rebeldía e animo de revolta entraron ao tribunal e saíron firmes, con puños en alto.

O irrenunciable chamado é a non abandonar os compañeiros, a non os deixar só ante o proceso e a vinganza que o Estado arremete redactando as condenas e acrecentando as investigacións que pesan contra Alfredo, Nicola e o seu ámbito.

Solidariedade Internacionalista con Nicola Gai, Alfredo Cospito!
Solidariedade cxs prisioneirxs revolucionarixs que se manteñen dignxs nos cárceres do mundo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario