Publicamos información recibida no noso correo do Grupo de apoio á Campanha Cárcere=Tortura Galiza Sur onde dan conta das últimas noticias e convocatorias de apoio, ademáis publicamos o novo boletín da Campaña de Outubro-Novembro na nosa sección de "Outras Publicacións Amigas" para facilitar a súa leitura e/ou descárga e difusión:
Existe unha política de tolerancia cero con calquera postura crítica, pola cal non se permiten visitas, non se autorizan comunicacións, censúranse de xeito constante as cartas, rexístranse as celas e “intervense” material, dispersase e acosa a quen se atreva a cuestionar. Negouse a posibilidade das persoas solidarias a facer visitas, sen dar explicacións, tampouco se autorizan chamadas telefónicas nin lles permiten recibir publicacións e periódicos, incluso con depósito legal, como sucedeu co do sindicato CNT-Vigo.
NOVAS
- O preso Sergio Roel deixa a folga de fame despois dunha victoria parcial no cárcere de Teixeiro.
- Convocase a facer accions descentralizadas do 4 ao 10 de novembro e envio de faxes o día 4 pola recente morte de 4 presxs no cárcere de Ponent (Catalunha)
-Dende o derradeiro 20 de outubro comenzou unha campanha internacional pola volta a casa e a liberdade da presa corunhesa en loita Noelia Cotelo. Accións e pancartas puxéronse en todo o estado, Inglaterra, Francia (un detido na posta de pancarta no Cocello de Juras), Sud América....
-Preso preventivo interno no penal de A Lama torturado e amarrado á cama 14 horas. Outrxs presxs denunciaron estas prácticas.
-Outro ano máis o 12 de Outubro un grupo de solidarixs concentráronse as portas da igrexa en lembranza de Diego Viña, morto en escuras circunstancias nos calabozos da mal chamada "benemérita" xa fai nove anos, tamén protestouse pola imputación de 15 persoas acusada/os dun presunto delito de inxurias a Garda Civil e contra a liberdade relixiosa no homenaxe do anterior ano.
-O dentista da SS extrae pezas para forzar implantes co fillo que é o dentista autorizado na Lama.
- Agradecer á banda musical valenciana “Obrint pas” o seu apoio á campanha no concerto que deron en terras galegas onde solidarixs subiron ó escenario dúas faixas e repartiron centos de panfletos. Tamén agradecemos o apoio do grupo de teatro “Lo inestable” que axudou á difusión da campaña incluíndo na súa obra “Espacios de resistencia” unha referéncia á campanha nas actuacións que fixeron no teatro “Ensalle” de Vigo.
Algunhas cousas que podedes facer
- Xantar popular en apoio á campanha, 3º sábado de cada mes na Cova dos Ratos (Vigo).
- Primeiro dia de cada mes envio de faxes ó xulgado de vixilancia penitenciaria máis próximo á túa casa (vindeira data: luns 4 novembro Fax XVP Pontevedra: 986 80 51 41)
- Difusión nas rúas e nas cadeas.
- Accións.
- Envio de cartas, postais, debuxos, etc ás persoas presxs.
- Apoia ós colectivos antirrepresivos e ós colectivos pola defensa dos dereitos fundamentais.
Nova páxina da campanha http://carceligualtortura.org/
Máis info sobre loitas anticarcerarias en : http://afapp-gz.blogspot.com.es/, http://boletintokata.wordpress.com/, www.ceivar.org, http://www.nodo50.org/cna/, http://puntodefuga.org/.
No hay comentarios:
Publicar un comentario