26 nov 2013

Comunicado. Reflexionando encol a Campaña Contra a Tortura e os Malos Tratos en Prisión (Cárcere=Tortura), por COLAPSO

Colamos este Comunicado asinado por COLAPSO (Colectivo Anarquista de Presxs Sociais) publicado en Tokata

Saúde compas!

En torno á campaña contra a tortura e os malos tratos dentro de prisión (Cárcere=Tortura), quixeramos achegar o noso punto de vista.

Son xa 2 anos do xaxún os días 1 e outros días que van facendo xs compañeirxs vinculándose ao apoio de compañeirxs no estranxeiro.

Segue existindo a dificultade da comunicación, e a coordinación.

Estamos en mans do inimigo, atrasan, violan e desaparecen a correspondencia. Si parece que vai existindo maior apoio xurídico nalgunhas zonas do estado.

O que máis escoitamos é a necesidade de radicalizar as accións tanto dentro coma fóra.

Aquí só podemos utilizar as autolesións en calquera das súas modalidades: folgas de fame, inxestión de obxectos, chinazos e pouco máis. E, dende logo, sen unha repercusión no exterior grande, é masoquismo. Pedimos máis acción directa fóra, pero que podemos pedir á xente nova que nos apoian non xa por ideoloxía senón por pura empatía, polo temor que lles inspira a nosa do? Cómo pedirlles accións que poidan traelas a este lado das reixas?. Se poden facer propaganda e divulgar a realidade dos cárceres en accións como publicitar o nome dos nosos verdugos un por un, no seu ámbito, atacar os CIES, as empresas do organismo de traballo penitenciario, as farmacéuticas que experimentan con nos, as xuíces de vixilancia que garanten a impunidade do 99.99% dos abusos que se cometen en prisión... pero os devanditos "ataques" non poden ser violentos pois rematarían entre reixas, con nos. IDEAS SRXS.?

Así, podemos soamente facer un chamamento ao tesón e á confianza en que manter as nosas protestas sirva para facernos oír.

Por outro lado "botar en cara" a xs anarquistas veteranxs no exterior o seu esquecemento desta trincheira na que sufrimos a constante agresión do sistema.

Estxs saben que hai que facer para que se nos escoite, para que a través dos medios se nos visualice. Está moi ben meterse cos curas, pero, que perda de enerxía!. Non pedimos que vaian matando a ninguén, que dereitos humanos poderiamos esixir?. Pero un pouco de ruído pola nosa causa non viría mal.

Outra reflexión é a dificultade de recoñecernos entre nos. Non é ácrata todo o que se arroga ese nome. Seguramente temos arribistas (a ver o que sacan) e infiltradxs. De todos os xeitos calquera que se posicione fronte á represión carceraria conta coa nosa simpatía. Pero non podemos admitir xente con delitos contra as mulleres nin sopróns abandonados polos seus amos.

Apoiaremos as iniciativas que xurdan e poidamos coordinar. Pero coa esperanza só posta no que nos poidamos facer hoxe, mañá e cando saiamos. Que pensan Mingorance, Lavazza, Pombo e outrxs que levan moito na loita? Que propoñen quen sofren máis directamente a represión?

Sen máis, os nosos mellores desexos de saúde e liberdade para todxs.

COLECTIVO ANARQUISTA DE PRESOS SOCIAIS - COLAPSO (Galiza, Madrid, Murcia,Granada…)

3 nomes por poñer algúns: J.C. Vila Mateo, J.M. Pirla Oliván, J. Martínez González

Que pasa con xs compas mal de saúde?

NIN FIES, NIN DISPERSIÓN NIN ENFERMXS EN PRISIÓN

Máximo cumprimento 20 anos. Fora perpetuas encubertas ou non. E que lle dean ao falso feminismo (carcereiros fóra dos módulos de mulleres).

No hay comentarios:

Publicar un comentario