Recollemos de Indymedia Barcelona:
O venres, 22 de novembro de 2013, ás 08:30 da mañá, fomos colar cartaces e repartir panfletos á sede do xornal burgués El País, na rúa Casp de Barcelona, para sinalar a este medio como un dos responsables da creación da alarma social que contribuíu a encarcerar a nosxs compas anarquistas. Realizouse unha manifestación espontánea nos arredores da praza Urquinaona.
O goberno sinala, "El País" apunta e a policía detén
Viñemos á sede de "El País" a denunciar o noxento papel que este medio de comunicación xogou na recente detención de 5 compañeirxs anarquistas e o posterior encarceramento de duas delxs. Todxs elxs quedaron con cargos asociados a terrorismo e xs duas encarceradxs encóntranse en illamento en réxime FIES II, á espera de xuízo. Que a xustiza xs considere culplables ou inocentes, dános igual, xa sabemos de que lado están eles e de cal nos. Axs compañeirxs vai todo o noso apoio, forza e solidariedade incondicional!
Xa sabemos de sobra cal é a función dos medios de comunicación nesta sociedade, por moi progres que se pinte, como "El País"... Tanto os considerados de esquerdas como de dereitas, basicamente, defenden encarnizadamente a orde sobre a que se asenta a sociedade capitalista. Así, mediante a creación da opinión pública e a difusión dos valores e ideas da clase dominante, buscan estender na poboación a submisión e a aceptación da vida que nos impoñen dende arriba. Obviamente, xs demócratas cómplices do Estado como "El País" son inimigos declarados de todx aquel/a que se en fronte ao sistema e as súas institucións, especialmente se ademais pasa das palabras aos actos.
Aínda que non nos sorprende a forma de proceder de estxs mercenarixs da pluma, se queremos resaltar e evindenciar algunhas cousas: Dende o primeiro momento, "El País" funcionou como correa de transmisión do Ministerio do Interior e abandeirouse o ser a voz máis directa da Policía Nacional, reproducindo e repetindo informacións nesgadas e falsas para crear deliberadamente o clima axeitado para encarcerar. Por outra parte, aumentaron o xa xeneralizado linchamento mediático difundindo os nomes completos e as fotografías dxs arrestadxs, cousa considerada ilegal (a pesar de ser tan demócratas, sáltanse as súas propias leis). E en ningún momento, deixaron de intoxicar constantemente coa vinculación entre anarquismo e terror, entre anarquismo e violencia, chegando ao extremo de afirmar que o movemento anarquista copia a Al Qaeda a súa forma organizativa, cousa ridícula e absurda para calquera que coñeza minimamente o funcionamento sen xerarquías e en rede que propugna o ideal anárquico dende hai máis dun século.
A creación do inimigo interno (xs anarquistas, neste caso) foi unha estratexia histórica do poder político para criminalizar e reprimir a disidencia e asegurar a gobernabilidade social. Neste clima social e político cada vez máis tenso pola mal chamada crise, está claro que temen que as prácticas e ideas anarquistas se estendan cada vez a máis xente e sectores, como de feito xa leva sucedendo un tempo.
Que xs esbirrxs do Poder e cómplices da represión, como "El País", saiban que nos tamén temos os medios e a capacidade para sinalalos e que non desperdiciaremos ningunha oportunidade de facelo. Que non o esquezan!
Contra toda autoridade!
A represión non nos parará!
Solidariedade e forza para xs anarquistas presxs!
No hay comentarios:
Publicar un comentario