Colamos información de Contrainfo:
Cumprindo as esixencias da fiscalía, o tribunal rexional de Fráncfort sentenciouna a tres anos e seis meses de prisión por participación en tres ataques incendiarios nos anos 70. Sonja foi absolvida do asalto á conferencia da OPEP de 1975, porque os xuíces se viron obrigados a desestimar as alegacións falsas do acusón Hans-Joachim Klein. Aínda así, todas as súas mentiras se atribuíron á súa falta de memoria! Así que este leal informante pode ser chamado como testemuña principal en calquera outro procedemento. A defensa tamén solicitou que declarasen inútiles os testemuños tomados en condicións de tortura, como o de Hermann F., en calquera procedemento futuro, pero o tribunal denegou a petición. O Estado nunca esquece. Casualmente, nos tampouco...
Dado o tempo que pasou Sonja na prisión alemá de Preungesheim e en Francia, por fin, a compañeira conseguiu saír libre. A sala estaba chea e muitxs máis solidarixs concentráronse por fóra do edificio. Celebraron a liberación de Sonja con viño e música, dándolle unha alegre benvida ás rúas.
Xa rematou outra farsa estatal. Moito respecto axs solidarixs, que lle deron forza para enfrontarse ao proceso e a Sonja, Sibylle e Christian, por darnos tal exemplo de rexeitamento constante e absoluto a calquera tipo de cooperación cos esbirros do Estado/Capital.
Saúde e felicidade a Sonja e Christian!
...............................................
Máis información en Abordaxe sobre este caso:
19/01/2012 .- Solidariedade con Sonja e Christian (Alemania)
30/08/2013 .- [Alemania] 14 setembro: Chamado Internacional pola liberación de Sonja Suder
No hay comentarios:
Publicar un comentario