Difundimos nota de prensa recibida na nosa caixa de correos:
No mesmo solicítase a paralización da orde de lanzamento ao abeiro da lei orgánica 1/1996 de Protección Jurídica del Menor onde no artigo 2 se dispón que primara “el interés superior de los menores sobre cualquier otro interés legítimo que pudiera concurrir” reforzado este principio no artigo 3 da presente lei onde se di: Los menores gozarán de los derechos que les reconoce la Constitución y los Tratados Internacionales de los que España sea parte, especialmente la Convención de Derechos del Niño de Naciones Unidas y los demás derechos garantizados en el ordenamiento jurídico, sin discriminación alguna por razón de nacimiento, nacionalidad, raza, sexo, deficiencia o enfermedad, religión, lengua, cultura, opinión o cualquier otra circunstancia personal, familiar o social”
Por todo o relatado anteriormente, solicítase a paralización do lanzamento de Elisabeth ate que as institucións competentes na materia acaden unha solución pra o presente caso. Unha solución que a Residencia Padre Rubinos (recurso ofertado insistentemente dende Servicios Sociais da Coruña) non é.
Ao longo da mañán de hoxe Elisabeth Sanlés intentou falar coa súa traballadora social pra coñecer as solucións e medidas que o devandito departamento atópase inspeccionando pra acadar unha solución satisfactoria. A única resposta foi que seu expediente xa fora enviado á Consellería de Benestar e Traballo, unha semana despois de solicitalo, e que máis datos non podían revelárense xa que a traballadora social non estaba presente. Curioso resulta que se nomee a “confidencialidade” dos datos, cando o concelleiro de Servicios Sociais, fai agora máis dunha semana, non dubidou en airear nunha rolda de prensa datos persoais da afectada convintemente manipulados, no que constitúe unha infracción grave tipificada na lei de servicios socias 13/2008 que
no seu artigo 81 apartado e, recolle coma infracción grave “El incumplimiento del deber de sigilo y confidencialidad en relación a la información obtenida en el ejercicio de sus funciones.” e no artigo 82 no apartado a tipifícase coma infracción moi grave “Proporcionar a las personas usuarias tratos degradantes, discriminatorios o incompatibles con su dignidad, así como la realización de actuaciones que supongan violación, restricción o impedimento injustificado de sus derechos fundamentales y libertades públicas.”
Cabe lembrar que a Xunta de Galicia anunciou a comezos de mes o famoso protocolo pra paralización de lanzamentos así coma a firma de acordos coas mesmas entidades financieiras responsábeis da presente crise. O citado “protocolo” non detén lanzamentos, simplemente rabuña tempo pra acadar unha solución aos casos dos e das hipotecados/as (ver acá) ficando no limbo administrativo non xa os casos de impago de alugueiro,se non o dereito básico e inalienable da vivenda, nunca garantido e si comercializado e especulado.
Neste senso, hai que recordar que Elisabeth leva xa unha semana enteira pechada na súa casa ante a ameaza dun probable desafiuzamento que as institucións competentes non se preocupan en desmentir ou confirmar (a pesares de ter recoñecido que se atopa en situación de vulnerabilidade social), coa tensión emocional que esto lle supón á afectada.
Pola presente, dende Stop Desafiuzamentos Coruña, demandamos unha solución competente pra o caso de Elisabeth, e a posta en marcha non xa de convenios revisionistas, se non de leis garantistas dos dereitos básicos inalienábeis, que ao abeiro da presente crise atópanse pisoteados. Esta situación deixa ás persoas ninguneadas, desprotexidas e totalmente a merced dunhas institucións que en troques de solucionar con premura a emerxencia social, xestionan con preguiza e despreocupación a ameaza social que a crise implementa xa sobre un 25% das familias galegas que viven baixo o umbral da pobreza, e case un 50% que ten graves dificultades pra chegar a fin de mes (datos extraídos de www.ige.eu)
Stop Desafiuzamentos Coruña fai un chamamento á veciñanza da Coruña a seguir apoiando esta loita, a que se pasen por Antonio Noche 30, e a que acudan hoxe día 15 á timba poética que ás 13:00H realizarase na citada rúa. Baixo a premisa Alegres e Combativas, seguiremos resistindo e conquistando aquilo que os poderes nos rouban: a nosa dignidade e o dereito a vivir.
Moitas Gracias pola vosa atención.
Stop Desafiuzamentos Coruña
No hay comentarios:
Publicar un comentario