Difundimos nova nota recén chegada a noso correo:
Dende
STOP Desafiuzamentos A Coruña queremos informar de que a ameaza de desafiuzamento de Elisabeth Sanles segue en pé ó non recibir ela ningún tipo de notificación que lle garanta o contrario. No día de hoxe se lle otorgou o cambio de avogado e se están comezando a abrir novas vías xudiciais, que atinxirán ó Tribunal Europeo de Dereitos Humáns e das que informaremos ó longo destes días. Agardamos que este traballo poda servir de precedente para outros casos similares nos que o dereito á vivenda se vexa vulnerado.
Polo outro lado, queremos agradecer á veciñanza todo o apoio, a empatía e a solidariedade que están a amosar durante estes días. É a forza da xente a que permite frear as agresións contra os mesmos dereitos básicos que as institucións non defenden.
Grazas pola vosa atención,
STOP Desafiuzamentos A Coruña
No hay comentarios:
Publicar un comentario