Noticia cronolóxica, redactada e construída polo compa do blogue VozComoArma a partir das informacións que foron aparecendo no blog TorresMasAHanCaido onde se está a reunir toda a información da loita contra a MAT en Girona dende a acampada anti-MAT en Fellines ata a okupación da masía e as iniciativas que están a saír deste novo proxecto, e que nós agora traducimos ao galego para publicar acá en Abordaxe:
O que comezou como unha acampada para reunirse e loitar contra a Moi Alta Tensión (MAT) e continuar creando un corpus teórico e unha práctica consecuentes na crítica ao mundo tecno-industrial que a necesita, derivou na okupación dunha masía que servirá como un novo soporte para esta e outras loitas.
Deixo a continuación para empezar o comunicado da okupación:
Dende as terras de Girona comunicámoslles que hai catro días hai okupado un espazo, co fin de darlle continuidade á loita que se esta levando a cabo contra a destrución do territorio, que esta vez tomou a forma da liña de Moi Alta Tension (M.A.T.).
A semana pasada encontrámonos en Fellines, pobo directamente afectado, xa antes fustrigado pola construccion dunha autoestrada ao lado que afecta á poboacion local directamente, e agora se atentará contra as súas vidas cunha liña de 400 kV que pasará a menos de 200 m. da vila e nalgunhas casas chegando mesmo a unha distancia de 17 m., burlándose dos seus propios estudos que demostran a perigosidade dos campos electromagnéticos que esta enerxía xera e saltándose as súas propias leis que o prohiben.
Esta semana diferentes compañeirxs achegáronse a expoñer distintas loitas en defensa do territorio, tanto no Estado Español coma fóra del. Fixemos moita difusión nas vilas de arredor e marchado cara ás obras. Xeramos debate e pasamos á acción, o cal nos fortaleceu, e compartir esta experiencia permitiunos tecer redes e xerar novas relacións.
Para que esta semana non se remate, decidimos liberar este espazo, para xerar un punto de encontro, un punto de loita. Un novo espazo onde todxs aquelxs que queiramos facer tanxible a nosa oposición nos encontremos. Un espazo que nos faga crecer e no cal poidamos proxectar as nosas estratexias de loitas colectivas.
Eliximos esta casa porque tamén se encontra afectada polo trazado da liña de Moi Alta Tensión, onde a oposición é e será frontal. A propiedade é un roubo, os espazos son de que lles dan vida e por iso propuxémonos okupala.
NON Á M.A.T. NIN AO MUNDO QUE A NECESITA.
NON AO SISTEMA TECNOINDUSTRIAL
-----------
Os madeiros non puideron resistir a tentación de facer acto de presenza e non tardaron en aparecer na zona furgóns dos mossos e tractores con operarios para retirar as barricadas que se construíran no perímetro e ver a zona okupada. Cabe sinalar que esta escoura non fixo máis que entorpecer o desenvolvemento da acampada, por exemplo, quitando os carteis que sinalizaban como alcanzar a acampada correctamente (para desorientar a xente que aínda non chegara), intimidando á pena que se encontraba alí, confiscando a propaganda a compañeirxs que ían en bicicleta difundindo, apuntando matrículas de coches aparcados preto da acampada e rexistrando algúns, sobrevoando a zona en helicóptero e, en fin, actuando en clara defensa dos intereses de aquelxs que pretenden construír torres de alta tensión a menos de 100 metros de distancia de vivendas habitadas, cos riscos tremendos que isto implica para a saúde das persoas, destruíndo a natureza e modificando ao seu antollo o ámbito sen importar as formas de vida que anulen ou a inviabilidade das estruturas que impoñen, como sempre, por diñeiro. A intervención e provocación policial co fin de paralizar os proxectos e esforzos de quen se opoñen a un mundo onde os beneficios duns poucos privilexiados mafiosos e especuladores valen máis que o benestar, a saúde e o futuro de todxs non son polo tanto algo que aparecese pola okupación desta masía abandonada, senón que estivo presente dende o comezo da acampada.
A data do 1 de setembro no blog da loita contra a MAT en Girona publicábase a seguinte noticia que advertía dun posible intento de desaloxo ilegal (ao non existir a orde e o papelame burocrático pertinente xa que era e é demasiado pronto como para tramitalo tendo en conta a "axilidade" coa que funciona o sistema de in-xustiza):
Escribímosvos dende a okupación que saíu dende a acampada contra a MAT en Fellines, Girona.
A casa que temos okupado chámase Mas Castelló e encóntrase ao norte de Girona, á saída 5 da autoestrada dirección L'Escala a 500 metros hai unha gasolineira e un camiño á dereita. De momento está enchido de mossos entón para chegar aquí terás que buscar os sendeiros entre os bosques.
Neste momento estamos no teito da recén okupada masía en contra da MAT, resistindo a un posible desaloxo que, para quen lle interese, sería ilegal.
Os mossos xa están a destruír as barricadas que defenden o territorio próximo á casa para que as leiteiras e os bombeiros poidan alcanzala.
Hai unxs compañeirxs aguantando as barricadas fóra da casa, e aquí no teito temos cous-cous e auga para aguantar ata que poidamos.
A policía neste momento está a tirar pedras a xs compañeirxs que están a aguantar as barricadas!
Facemos unha chamada a todxs xs solidarixs para que suban ata a masía okupada ou que fagan accións de solidariedade noutros lugares.
Okupa e Resiste!
--------------------------------
Actualizaban xs compas a información o mesmo día coa seguinte noticia:
Escribímosvos dende o teito da masía okupada preto de Oriol (norte de Girona) que leva okupada dende o xoves. Como final das xornadas que se fixeron na vila de Servia de Ter e para seguir coa acampada, hoxe abrimos as portas a xs solidarixs e a xs veciñxs para que participen na okupación e na organización dos próximos días.
Hai pouco chegaron varias furgonas dos antidisturbios que empezaron a tirarnos pedras e a desmontar as barricadas que xs compañeirxs solidarixs construíran en defensa da casa.
Ata agora hai xente resistindo no tellado e outrxs aguantando as barricadas.
Algunhxs veciñxs que viven preto da masía estanse achegando a okupación mostrando solidariedade con xs que se opón activamente contra o proxecto da MAT.
Estamos en contacto telefonico constante con Radio Bronka, Radio Contrabanda e Radio Blackout (Italia) para dar informacións e actualizacións sobre o posible desaloxo e a resistencia.
De momento a policía parou de tirar pedras.
Nós temos parado de comer cous-cous e estamos a comer melón.
Seguimos resistindo!
----------------------
Máis tarde, concluía a información do día 1 de setembro cunha actualización que deixo a continuación. Infórmase de 20 persoas identificadas e rexistradas pero non detidas, e de que os madeiros lograron finalmente alcanzar a ocupa e identificar a polo menos unha das persoas que resiste no interior:
Finalmente, xa podemos confirmar que non houbo ningunha detención.
As 11 persoas que se temía que estivesen en comisaría foran levadas polos madeiros a outro lugar para identificalas e rexistralas, pero despois deixáronas marchar. Durante a tarde os mossos conseguiron chegar á casa e identificar unha persoa. Contra esta persoa supoñemos que se abrirá un proceso xudicial pero o importante é que non desaloxaron a masía, polo tanto podemos dicir que Mas Castelló resiste e polo tanto as actividades da acampada se trasladan a esta masía.
Estade atentxs ao que poida pasar nas próximas horas xa que é posible que intenten un desaloxo express.
Se queredes decatarvos de como chegar mira o mapa (click aquí)
--------------------------------
Ao día seguinte, 2 de setembro e 5º día de okupación, a información que chegaba dende as alturas dos tellados da masía era a seguinte:
2 de setembro: Día 5 na nova casa okupada contra a MAT e o mundo que a necesita.
Un amañecer precioso dende o teito da masía okupada, e seguimos resistindo. Cada vez somos máis dentro da casa e a xente solidaria vaise achegando. O cous-cous aínda non se rematou, pero agora mesmo só queremos café!
Onte rematou tranquilo tras unha última visita dos mossos e o propietario da casa. Empezou con ameazas, pero rematou cunha identificación para un suposto proceso xudicial.
Dende aquí hai unha vista fantástica e a zona parece tranquila.
Comezaremos a xornada de hoxe con limpeza e arranxos na casa e as actividades da acampada e a asemblea diaria das 19:00 trasladaranse aquí. Por suposto, estás convidadx a participar!
-----------------------
O mesmo día 2 de setembro, pola mañá, xs compas volvían advertir de perigo de desaloxo. Furgóns de policía antidisturbios volveron aparecer, intentando retirar as barricadas e demais estruturas que bloqueaban o acceso á masía. 7 persoas resistían no tellado mentres grupos de solidarios e solidarias daban voltas polos arredores da ocupa para controlar os movementos dos madeiros. Anacos despois, a policía volvía marchar. Ao abandonar a zona os madeiros, persoas solidarias volveron achegarse á casa aumentando aínda máis o apoio, dado que os accesos por estrada que permanecían vixiados por policías estaban de novo abertos.
Os madeiros volveron non obstante despois de cear, cando nunha gasolineira situada nas proximidades da masía okupada apareceron aparcadas 6 furgonetas da BRIMO (Brigada Móbil, os antidisturbios dos mossos d'esquadra) preparadas para intervir en calquera momento.
A información que chegaba a ultima hora do 2 de setembro dende o tellado da masía é a que segue a continuación:
Esta podería ser a última actualización dende o tellado da masía okupada en contra da MAT.
Dende esta mañá estivéronnos a marear pero parece que esta vez van en serio.
Esta mañá viñeron dúas furgonetas de antidisturbios para abrir o paso destruíndo as barricadas. Quedáronse rodeando a casa durante algunhas horas para logo irse.
Neste momento víronse 6 leiteiras de antidisturbios e un coche da secreta baixar a autoestrada e achegarse ao lugar onde se encontra a masía okupada.
De momento subimos ao tellado para dar tempo a xs solidarixs de chegar e achegarse ou manifestarse aos arredores.
O que queda do cous-cous xuntouse á barricada. Esperamos volver subir informacións positivas pronto.
Resistimos!
-----------------------------
Pouco despois de publicarse esta información, xs compañeirxs actualizaban a súa cobertura informativa advertindo de que 3 das 6 furgonas de antidisturbios que estaban aparcadas xunto á gasolineira nas inmediacións da okupa se largaran, quedando outras tres xunto cun tractor dos usados para remover o entullo e material usado para construír as barricadas que bloqueaban os camiños á okupa.
Pola noite do 2 xs compañeirxs actualizaban coa seguinte información, onde falaban dunha xornada de portas abertas programada para o martes 3:
Escribimos dende dentro da masia okupada, seguimos resistindo despues de varios dias de okupación.
Son as 11 da noite e xa non quedan policías asediando a ocupa. Xa se foron as 6 furgonetas da gasolineira próxima.
Hoxe tivemos momentos de tensión na casa, rodeada de madeiros pero seguimos aquí e adiante!
Mañá, martes 3 setembro, abriranse as portas a xs veciñxs e a xs solidarixs para arranxar a casa e compartir coñecementos prácticos e experiencias dende as 11:00.
Se podes, trae todo o que necesitas para currar, compartir e cociñar, aquí necesitamos de todo, agás cous-cous e furgonas de madeiros:
Material de limpeza: Cubos, fregonas, vasoiras, lixivia etc...
Material para construción: táboas, vigas, ferros de todo tipo, ferramentas varias, etc...
Mesas, cadeiras, ferramentas de cociña, pancartas, canalizacións...
Todo o que poida ser útil!
A idea é mover a acampada na nova masía okupada para continuar a loita contra a MAT e tamén compartir experiencias de vida e de loita en colectivo.
Tamén vos esperamos na reunión as 19:00 que, dende mañá, se move á masía okupada.
Para chegar, dende a N2, preto da saída 5 da autoestrada, seguir a direccion L'Escala ata a gasolineira e colle o camiño á dereita. Ao segundo cruzamento á dereita e logo recto ata a casa, que se encontra nos mapas como Mas Castelló.
Máis alá dunha casa, son posibilidades de loita que se abren!
Contra a MAT e o mundo que a necesita
Ata mañá!
-----------------------------------
As noticias do día 3 mantiñan a tensión dos días anteriores, informando da presenza, unha vez máis, de entre 3 e 6 furgonetas de madeiros aparcadas na gasolineira que hai nas proximidades da ocupa, e os madeiros, tanto uniformados como estupas, roldando pola zona e intimidando a calquera veciño ou veciña que pretenda achegarse á okupación a achegar o seu grao de area nunha loita na que xs habitantes da zona son xs principais afectadxs xa que son elxs quen corren o risco de padecer enfermidades por culpa dos campos electromagnéticos e a contaminación que producirá a construción e futuro funcionamento desta nova atrocidade contra o medio e atentado contra a vida das persoas, os animais e a propia natura que é a M.A.T. :
Pasamos a noite, a situación está tranquila arredor da casa.
A policía segue gastando inutilmente diñeiro público para ter entre 3 e 6 furgonetas de antidisturbios aparcadas na gasolineira tomando café e periodicamente dando voltas e intimidando xs habitantes da zona que queren achegarse á masía okupada.
A xente empeza a chegar á masía para a xornada de acondicionamento da casa e todo empeza a coller forma!
Animámosvos a todxs a baixar á masía okupada, esperamos un fin de semana cheo de iniciativas!
------------------------------
Ata aquí chega a crónica recollida polo compa de VozComoArma, sen contar con unha sua aportación final, que colamos depois, pero antes copiamos a, atá agora, última comunicación dende a masia okupada:
Os antidisturbios marcharon
Este titulo dio todo!
As furgonetas de antidisturbios que estacionaban á gasolineira preto da masia fóronse.
Seguimos os traballos para acondicionar a casa e invitamos a todo o mundo a baixar por aquí!
Ocupa e Resiste!
----------------------------
Tambén hoxe, facilitan un nº de tfne para poder chamar para obter informacións sobre as proximas actividades e facer directos telefonicos: 642408138
----------------------------
E xa como remate e tal como dixemos, colamos a aportación final:
Por agora a ameaza dun desaloxo continúa, e os madeiros e as institucións que protexen os intereses, caprichos e propiedades dos grandes poderes financeiros que aumentan as súas fortunas sementando morte e obviando por completo os dereitos máis básicos das persoas ás que ameazan cos seus megaproxectos destrutivos e ecocidas non se darán por vencidxs. Dende a masía infórmase de que posiblemente o feito de que os madeiros aparezan cada mañá nos arredores da casa para logo irse coas mans baleiras débase a que aínda non contan cunha orde xudicial que legalice o desaloxo, pero esta pode ser emitida en calquera momento e o desaloxo podería producirse. Por iso, é necesario prestar todo o apoio posible. Quen poida desprazarse ata o lugar, adiante!, e quen non, podedes difundir a información en Internet e na rúa, levar a cabo mobilizacións nas vosas propias localidades e cidades contra a MAT e en solidariedade coa nova okupación e coa loita que veciñas e activistas están a poñer en marcha.
Estas loitas son as que permiten trasladar a un terreo máis amplo as iniciativas de loita anarquista en clave antidesenvolvista e de ecoloxismo radical, entrando en contacto coas partes afectadas polo conflito e permitindo que estas deixen a un lado a mediación con institucións e organismos políticos corruptos para intervir por elas mesmas no deseño colectivo de estratexias e solucións, convertendo a acción directa no principal instrumento de resolución dos problemas e atacando non só a unha determinada ameaza en forma de liñas de Moi Alta Tensión, senón tamén ás estruturas e representantes do sistema asasino que necesita desas monstruosidades para seguir xustificando os seus dispendios cos que multiplican o seu diñeiro en detrimento das nosas vidas, da nosa autonomía e dos nosos sonos.
Que se multipliquen as accións e as iniciativas, porque o seu progreso é a nosa morte.
Solidariedade con xs compas de Mas Castelló!
Máis información en Abordaxe: http://abordaxerevista.blogspot.com.es/2013/08/girona-23-agosto-acampamento-de.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario