20 sept 2013

Os “petos de resistenza” de STOP Desafiuzamentos A Coruña chegan á rúa co apoio dunha trintena de establecementos.

Reproducimos o correio recebido de STOP Desafiuzamentos A Coruña:

Moi boa tarde a todas e todos,

Como vimos informando periodicamente, baixo o lema Múltannos a nós para asustarte a ti, o colectivo STOP Desafiuzamentos A Coruña está a levar adiante dende o pasado mes de xuño unha campaña informativa e de sensibilización co obxectivo de apelar ao apoio da cidadanía para, xuntas, rexeitar e condenar publicamente a represión que dende o Concello da Coruña e a Subdelegación do Goberno estase a exercer sobre as persoas que participamos en mobilizacións sociais.

No marco desta campaña desenvolvimos accións informativas na rúa [1], convocamos unha numerosa manifestación [2] protagonizada por grande parte dos colectivos sociais da Coruña, visibilizamos esta problemática co apoio de coñecidos grupos musicais durante as Festas de María Pita [3] e, recentemente, mesmo participamos no concurso de empanadas da Romaría de Sta. Margarida [4], sempre cun importante arroupamento e simpatía por parte da cidadanía.

Agora, trinta establecementos coruñeses veñen de presentarnos o seu apoio adheríndose a unha nova liña de acción dentro da campaña Múltannos a nós para asustarte a ti: os “petos de resistenza”.

Con esta nova iniciativa non só procuramos facer fronte ás sancións económicas senón, sobre todo, visibilizar que canto máis se esforce o goberno do Partido Popular en criminalizar a solidariedade, máis motivos imos ter a sociedade para estarmos orgullosas de selo, e mellor nos imos organizar [5] para facer fronte aos ataques cos que o Goberno do PP pretende silenciar as voces que denuncian o drama social provocado polo seu extremismo político neoliberal [6].

A través da aplicación sistemática e indiscriminada de multas económicas, coñecida tamén como “burorrepresión” [7], o Concello da Coruña e a Subdelegación do Goberno na cidade, seguindo as pautas de actuación do Goberno central do Partido Popular –ese mesmo que elimina probas xudiciais no Caso Bárcenas…-, está a intimidar a través da violencia económica a quenes exercemos o noso dereito á liberdade de expresión e manifestación, atacando, precisamente, aos colectivos de persoas ás que máis están facendo sufrir nestes momentos cas súas políticas antisociais: desempregadas, preferentistas, desafiuzadas, inmigrantes… Deste xeito, ademais de tentar inhibir a protesta social, o Goberno do Partido Popular revela novamente o seu perverso afán recadatorio, esquilmando economicamente á cidadanía que previamente deixou baixo o limiar da pobreza.

A día de hoxe STOP Desafiuzamentos A Coruña –colectivo que actúa totalmente de balde e que non percibe subvencións de ningún tipo nin conta con persoal asalariado- acumula xa un total de 7.980,82€ correspondentes a 18 propostas de sanción dirixidas contra 16 persoas –nalgúns casos ata hai 2 propostas de sanción por persoa...-, ás que hai que engadir a tres persoas máis pendentes dun xuízo de faltas. As penalizacións solicitadas oscilan entre os 120 e os 600€ por sanción.

Con estes petos de resistenza repartidos ao longo da cidade eleximos unha vía coa que non dependemos de entidades financieiras criminais, ao tempo que se constrúen alianzas entre a cidadanía e contribúese a visibilizar a problemática da criminalización dos movementos sociais.

Por iso hoxe queremos sobre todo agradecer enormemente a solidariedade de tódolos establecementos que nos están apoiando cos “petos de resistenza”. Son bares, perruquerías, librarías, floristerías, sindicatos, asociacións veciñais, a Universidade... que dende o pobo coidan ao pobo e que, co exemplo do seu compromiso, reforzan a capacidade de loita de toda a sociedade.

Moitísimas grazas

Listaxe completa de establecementos]

Alegacións, anulacións e novas sancións

No noso caso –e sabemos que tamén no da maioría dos colectivos represaliados- como consideramos totalmente absurdos os motivos alegados pola Subdelegación, aliás de marcadamente políticos, estas sancións están sendo alegadas, a fin de conseguir a súa anulación.

De feito, a semana pasada tivemos notificación da prescripción de 3 propostas de sanción, lamentablemente non porque dende a Subdelegación do Goberno tentaran enmendarse e correxir a súa praxe abusiva, senón porque a burocracia é un arma de dobre filo e ao notificárllelas ás persoas afectadas fóra de prazo víronse na obriga de arquivalas.

Sen embargo, a ledicia non nos durou moito tempo, xa que aos poucos días recibimos dúas novas propostas de sanción por participar na concentración convocada a nivel estatal diante das sedes do PP o pasado 9 de abril –e xa levamos 8 propostas de sanción en relación a este tema...-, e unha máis por participar nas mobilizacións convocadas polas familias en risco de desafiuzamento pola construción do Parque Ofimático.

Polo tanto, en caso de que finalmente as multas acumuladas sexan arquivadas, como así agardamos e como está a ocorrer noutras partes do Estado [8], o diñeiro recadado será empregado para fins antirrepresivos, xa que polo ambiente que se está a respirar neste mes de setembro, ca chegada de novas propostas de sanción non só para nós, senón tamén contra colectivos a favor do aborto [9], da lingua galega [10] ou contra a minería a grande escala [11], o Goberno do Partido Popular segue teimando en acribillar a multas a quenes poñemos en evidencia que as súas políticas atacan ás máis débiles para favorecer aos corruptos e poderosos.

Moitas grazas pola vosa atención

Os establecementos que desexen colaborar cos “Petos de Resistenza” poden contactarnos no correodesahucios.coruna@gmail.com
xa que todos os establecementos participantes deben ser incorporados á lista publicada no blogue de STOP Desafiuzamentos A Coruña.

Para previr manipulacións do obxectivo da campaña, só esta lista será a referencia. SÓ OS ESTABLECEMENTOS SINALADOS NELA CONTAN CON BOTES DE RESISTENZA DE STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA, sendo nestes momentos o único medio de recadación económica posta en marcha polo colectivo.

[1] STOP Desafiuzamentos A Coruña, 02/07/2013: “Múltannos a nós para asustarte a ti. Campaña informativa”. Dispoñible en:

[2]Vídeo elaborado por Galiza Contrainfo:
https://www.youtube.com/watch?v=AIipswwxH-g

[3]STOP Desafiuzamentos A Coruña, 17/08/2013: “DEFconDOS e KONFLIKTO contra a represión dos movementos sociais”. Dispoñible en:http://stopdesahuciosacoruna.blogspot.com.es/2013/08/defcondos-e-konflikto-contra-represion.html

[4]“La crisis llega a las empanadas”, La Opinión de A Coruña, 26/08/2013:http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2013/08/26/crisis-llega-empanadas/755608.html.

[5]“Encuentro estatal por la solidaridad y contra la represión”, TerceraInformación, 13/09/2013. Dispoñible en: http://tercerainformacion.es/spip.php?article57764

[6] Intermond OXFAM: “Nuestro país podría alcanzar los 20 millones de pobres en 2025 (el 42% de la población)”, Informe “La trampa de la austeridad”, 18/09/2013. Dispoñible en: http://www.intermonoxfam.org/sites/default/files/documentos/files/Informe%20Oxfam%20La%20Trampa%20de%20la%20Austeridad.pdf

[7]“De la represión violenta a la burorrepresión”, Diagonal, 5/06/2013: https://www.diagonalperiodico.net/libertades/la-represion-violenta-la-burorrepresion.html . Tamén en consecuencia ca actualidade e amplo alcance da represión económica-administrativa que está a sufrir a cidadanía, o doutor en Historia pola Universidade do País Vasco (UPV/EHU) e profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Castilla‐La Mancha (UCLM), Pedro Oliver Olmo, vén de publicar recentemente o ensaio Burorrepresión: sanción administrativa y control social. Máis información: http://historiadelaprision.files.wordpress.com/2013/05/burorrepresion_indice_y_prologo.pdf.

[8]“Los jueces desautorizan por cuarta vez a Cifuentes por sus multas al 15M”,Público, 16/09/2013: http://www.publico.es/espana/468631/los-jueces-desautorizan-por-cuarta-vez-a-cifuentes-por-sus-multas-al-15m “Por cuarta vez se tumba en los juzgados la sanción de un manifestante que vio vulnerado su derecho fundamental a la presunción de inocencia”, Comisión Legal Sol-15M, 13/09/2013: http://legal15m.wordpress.com/2013/09/13/por-cuarta-vez-se-tumba-en-los-juzgados-la-sancion-de-un-manifestante-que-vio-vulnerado-su-derecho-fundamental-a-la-presuncion-de-inocencia/

[9] http://www.sermosgaliza.com/media/sermosgaliza/files/2013/09/05/1270487_193894714117561_537689492_o.jpg

[10]http://www.queremosgalego.org/2013/09/05/queremos-galego-denuncia-que-a-subdelegacion-do-goberno-pretende-sancionar-a-plataforma-pola-mobilizacion-do-17-de-maio/

[11]http://www.mineriagalicia.org/2013/09/18/multa-pola-manifestacion-do-2-de-xuno/

Un saúdo e moi boa xornada,STOP Desafiuzamentos A Coruña

stopdesahuciosacoruna.blogspot.com.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario