Como tódolos anos por esta datas, a fiscalía xeral do estado publica as súas memorias. Da conta nun inmenso e infumable "tochazo", presentado con borbónico postín (AQUÍ), das actuacións da Fiscalía Xeral do Estado durante o ano anterior. Como tódolos anos alertan do perigo do "Anarquismo insurrecionalista" (e tamén, no tocante a estas terras, do "independentismo radical") e, como tódolos anos, nós, dende "Abordaxe", adicámoslle unhas cantas liñas.
Para empezar, nesta ocasión a búsqueda foi máis pesada e farragosa, porque se ben outros anos tiveron a xentileza de poñer un apartado de "Terrorismo" para facilitar a pesquisa; desta vez tivemos que buscar, páxina por páxina, ata atopar o asunto, ben agochado na sección relativa a audiencia nacional. Non sabemos se esto se debe a que, coa mansedumbre etarra, o tema xa non ten tanto tirón (aínda que coas penas que se gastan calquera ó diría) ou para aburrir mortalmente aos que queiramos atopar tan heréticas cuestión entre tanto "latinajo" e verborrea xurídica.
Así é que na páxina 169 do inmenso "tochón" (que podedes descargar para o voso disfrute, enteriño ou por partes, AQUÍ) comezan a falar do tema en cuestión. De primeiras aclaran que os delitos por terrorismo son só unha pequena parte das atribucións da audiencia nacional, nun patético intento de desmentir o que todos sabemos: que este tribunal de excepción non é senon o "lifting" democrático do infame "tribunal de orden público" de épocas pretéritas (aínda que moi presentes na vixente actualidade). Tras sesudo repaso do relativo a ETA, os GRAPO e o islamismo yihadista chegan, na páxina 192, ao independentismo Radical, centrado exclusivamente en Resistencia Galega.
Neste apartado comezan dicindo que "Como en anos anteriores as accións violentas con finalidade terrorista e/ou de alteración da orde pública na Comunidade Autónoma de Galicia vénse desenvolvendo dende dúas perspectivas: a dos grupos anarquistas e de extrema esquerda e a do independentismo radical." dos que, segundo explican un pouco máis adiante, só as de Resitencia Galega son competencia da audiencia nacional pola "finalidade de subversión da orde constitucional que pretenden coas súas accións" (¿?).
Despois de considerar a "Resistencia Galega" a sucesora do «Exército Guerrilleiro do Pobo Galego Ceibe», aluden ás dificultades que lles orixina a consigna de "negar a existencia da organización terrorista" o que conleva unha "resposta punitiva excesivamente leve en relación coa gravidade dos feitos cometidos". É de supoñer que agora estarán contentos con penas de case 20 anos, superiores ás usualmente aplicadas por asasinato, pese a que nunca feriron a ninguén.
Falan do "notable descenso da actividade terrorista" de Resistencia Galega durante o 2012, o que vinculan coas operacións policiais do ano anterior (catro accións, tres menos que no 2011). Tamén, saltándose o marco temporal da propia memoria, non se resisten a ufanarse da detención de Senlheiro no 2013 debida, según dín, a vixilancia dun "posible lugar de ocultación de efectos delictivos". Tamén adiantan, con sorprendente clarividencia digna do mesmísimo oráculo de Delfos, que no presente ano poderíase acadar "a primeira sentenza condenatoria na que se considere acreditada a existencia de «Resistencia Galega» como organización ou grupo terrorista."
Rematado o capítulo independentista, na páxina 195, chégalle o turno ao "Anarquismo insurreccional", do que sitúan tres das catro accións supostamente cometidas no 2012 aquí, en Galiza. Cousa rara, pois antes dicían que do sucedido en Galiza só Resistencia Galega era competencia da Audiencia Nacional.
Aclaran que no estado diminuíron en nove as accións con respecto ao ano anterior, o que tamén achacan á represión, e sitúan en Barcelona o episodio non sucedido por estas terras. Pero alertan de que non se pode baixar a garda, pois as circunstancias do movemento a nivel internacional poderían resultar en máis accións futuras.
Relacionan a actividade insurrecionalista co eido antirrepresivo e suman a Francia e a Alemaña ao xa consabido "Triángulo Mediterráneo" formado por Grecia, Italia e o estado español.
Pero como a cousa ten a súa importancia, sobre todo se a comparamos coa ofensiva mediática iniciada últimamente contra o anarquismo (da que nós falamos xa abundantemente, por exemplo AQUÍ, AQUÍ ou AQUÍ), pois deixamosvos aquí o texto enteiro para que o disfrutedes con saúde (e, a ser posible, liberdade):
4.1.4.5 Anarquismo insurreccional
A detención de elementos vinculados con este fenómeno terrorista no cuarto trimestre do ano 2011, influíu notablemente no
descenso das actividades violentas anarquistas levadas a cabo en 2012.
Non obstante, por causas conxunturais ou por outras circunstancias vinculadas á evolución do movemento anarquista internacional,
que transcende as fronteiras españolas, é probable que, no futuro se leven a cabo accións violentas protagonizadas por elementos anarquistas insurreccionalistas.
A actividade violenta do colectivo anarquista vai estar influenciada, principalmente, ao igual que en anos anteriores, pola evolución procesual ou penitenciaria dos anarquistas que se encontran cumprindo penas de prisión, en España ou no estranxeiro. Tamén influirán como elemento iniciador, acontecementos de repercusión internacional, actos de solidariedade con anarquistas doutros países, etc. que transcende as fronteiras españolas, é probable que, no futuro se leven a cabo accións violentas protagonizadas por elementos anarquistas insurreccionalistas.
Un escenario a observar será o denominado «Triángulo Mediterráneo Anarquista» onde, nos últimos anos, se estenderon
as actividades destes grupos a países como Francia e Alemaña.
Nesta dinámica de solidariedade entre elementos anarquistas en toda a conca mediterránea, nos últimos meses observouse un
aumento das actividades propagandísticas da loita levada a cabo polos activistas gregos, con visitas programadas ás principais cidades españolas para os primeiros meses de 2013, o que pode levar a mobilización e captación de novos elementos para levar a
cabo actividades violentas.
A actividade violenta do colectivo anarquista estivo motivada, principalmente, ao igual que en anos anteriores, pola evolución procesual ou penitenciaria dos anarquistas que se encontran, en España ou no estranxeiro, cumprindo penas de prisión, polos acontecementos de repercusión internacional e polos actos de solidariedade que leven a cabo con anarquistas doutros países que sexan detidos ou resulten mortos en enfrontamentos coas Forzas de Seguridade. A este respecto hai que ter moi presente o aumento das actividades anarquistas no que deu en denominarse Triángulo Mediterráneo Anarquista e que, en 2010 se estenderon, sequera como obxectivo, a outros países como Francia.
Se han producido cuatro acciones de esta naturaleza, nueve menos que el año anterior (uno en la provincia de Barcelona, y tres en la Comunidad autónoma gallega, sin que se haya producido ninguna detención en relación con tales hechos. No se ha formulado ninguna acusación y no se ha dictado ninguna sentencia por hechos de esta naturaleza.
Artígo elaborado por C.R.
Máis informes da fiscalía en Abordaxe AQUÍ e AQUÍ.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario