Como xa anticipabamos hai uns días, aquí deixamos o cartaz da concentración antitaurina prevista para o vindeiro domingo 4 de agosto fronte o Coliseum da Coruña. Coincidindo coa hora de entrada para o "día grande" de tan noxento espectáculo, antitaurinxs coruñeses chaman a augarlles a festa axs amantes do sadismo e a tortura animal. As 18:30 da tarde, mentres o público entra a ver ao Cordobés e demáis "artistas", concentración ruidosa contra o maltrato animal no aparcamento diante das taquillas.
Lembramos tamén que ás 12 da mañá do mesmo día, con saída desde o Obelisco, unha manifestación convocada por Galicia Mellor sen Touradas, Libera e Fondation Franz Weber e apoiada por unha multitude de agrupacións coruñesas marchará ata a praza de María Pita (-AQUÍ).
Redactado por C.R. con información chegada ao noso correo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario