O estoupido dun artefacto explosivo esnaquizou a fachada dunha sucursal de NCG Banco en Beade, no concello de Vigo, a iso das catro da madrugada do pasado martes. A entidade financeira sufriu importantes desperfectos segundo o publicado polos medios de comunicación empresariais. O artefacto estaría elaborado con pólvora da empleada en pirotecnia e metido dentro dun recipiente metálico. Samuel Juárez, o delegado do goberno, apuntou a Resisitencia Galega como autora do atentado, pese a que polo de agora non trascendeu ningunha reivindicación do mesmo. A páxina contrainformativa "Galiza Livre" sinala (AQUÍ) que o día coincide co aniversario da morte en combate de Moncho Reboiras, o que podería apuntar cara a autoría independentista.
Dous meses atrás outra bomba estoupou noutra sucursal do mesmo banco en O Rosal, tamén na provincia de Pontevedra.
Redactado por C.R. con información da prensa comercial.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario