11 ago 2013

Veraniño, veraniño...

Coma os lectores máis espelidos xa se darían de conta, o noso moi velero barco de abordaxe non navega a todo trapo últimamente. Semella que atopamos "calma chicha" nestes meses estivais. Os nosos malencarados bucaneros, uns por motivos de traballo, outros por todo o contrario e os demáis porque lles vén en gana, andan a "medio gas" en canto aos piráticos quefaceres dos que neste blog nos ocupamos. É por todo isto que non damos cumprida saída a tódalas informacións que chegan ao noso correo. De tódolos xeitos agradecemos a confianza dos lectores e as informacións que nos aportan. Tentaremos poñernos ao día de todo o recibido no sucesivo. En breve prazo botarémonos de novo á mar con tódalas velas despregadas, sen dios nen amo e contra toda autoridade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario