Colamos de Galicia Confidencial:
Cada día que pasa a Xunta vai abrindo máis a man para favorecer a instalación das minas na Galiza; tanto sexan de ouro, de seixo ou de feldespato. Onte mesmo xoves, o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, confirmaba que autorizarán o desvío dun río "de saír adiante" a explotación mineira na parroquia de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños. Unha operación que custaría 350.000 euros.
Un outro paso máis na consolidación dunha política favorable a realización de megaproxectos mineiros en territorio galego impulsados, en moitas ocasións, por multinacionais. Así, na comisión de ordenación territorial do Parlamento, Menéndez suliñou que o seu departamento xa evalúa o desvío do río que pasa por Corcoesto pero que a documentación enviada "aínda debe ser completada" posto que "non ten suficiente concreción".
Às preguntas de se considera viable que un río sexa desprazado "de maneira artificial" nun tramo duns tres quilómetros, o director de Augas de Galicia respostou: "Evidentemente, é autorizable. Non é algo habitual, pero tampouco excepcional e xa se realizou noutras ocasións para outros proxectos mineiros" (??); e non tivo ningún reparo en suliñar que o desvío do río responde a "medidas de seguridade" e tería como obxectivo evitar "unha achega de caudal excesiva" nas balsas de lodos.
350.000 euros
O proxecto atópase, polo momento, en fase de "avaliación inicial" pero revelou que se lle vai a requirir á firma promotora máis documentación "para que a complete". Isto, incidiu, será un requisito "para poder proseguir co expediente". O ente público aínda non fixo ningunha valoración do custo", até contar coa nova información. Con todo, a sociedade limitada si a calculou e estima que o gasto no desvío do Lourido será de 345.000 euros.
En todo caso opinou que a empresa "debe poder facer fronte a estes custos" nunha actuación "que debe ser previa á explotación mineira".
Ademais, de confirmarse a desviación do río, tamén serían expropiados 2.7000 metros de terreo. "Estamos a velar neste caso polo dominio público hidráulico, para que esta actuación se faga nas mellores condicións posibles", concluíu.
7 jun 2013
Rizando o rizo: A Xunta disposta a desviar un río para favorecer a mina de Corcoesto
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario