Antonte publicabamos neste blogue a noticia ao respecto dos rexistros efectuados em vivendas de compas anarquistas blegas; agora colamos de ContraInfo estas interesantes reflexións ao respeito:
Por que agora, por que eses enderezos, por que esas persoas precisamente, pouco importa. É inútil meterse nas súas sucias cabezas e especular ata o infinito sobre as súas razóns. Fan o seu sucio traballo de fisgons, é posible que queiran facer presión, dar unha patada ao formigueiro, ou poder observar ociosos os movementos dxs uns e dxs outrxs, anotar, gravalo todo. Estes rexistros quizais non teñen como único obxectivo o de intentar unir elementos para facer avanzar unha investigación calquera. Querido ou non polos seus patrocinadores, isto implica un desprazamento directo da nosa atención a este tema. Se non temos ningún control sobre as súas decisións e a temporalidade na que inscriben os seus golpes de presión, si que o temos sobre o impacto que isto pode ter nas nosas vidas.
Claro, puxo as cousas no seu sitio. Unha gran labazada, no caso de estar enganado sobre o feito de que o Estado quere estar en todos lados e non se esquece xamais nada. É necesario abrir, e manter aberto, un espazo de discusión, xa sexa colectivo ou en pequenos grupos de afinidade, co fin de non lles dar ás súas estupideces máis importancia da que terían que ter en realidade. Certamente, trátase de abrazar axs compas directamente afectadxs polos rexistros, de asegurar a súa saúde, mental e física. Pero sería un erro considerar que isto só lles concirne a elxs.
Co seu novo paquete "asociación delituosa", calquera que frecuente os mesmos lugares, as mesmas redes de persoas, é sospeitosx potencial aos ollos do Estado. Porque podes sentir frío nas costas e o primeiro reflexo pode ser un reflexo de supervivencia que conduza a frecuentar menos estes lugares e a estas persoas. Por distanciarse, por lavarse aos ollos dunha potencial vixilancia. O único ao que estas decisións levan é ao illamento, non soamente das persoas, senón tamén das loitas que desenvolven.
Máis alá do feito de que isto lles facilita o curro, o Estado ten todo o interese en poñernos no centro da represión: mentres tanto, ocupámonos doutras cousas que non sexan prexudicalo nin conspirar. O medo pódese instalar rápido, arredor destes lugares pero, sobre todo, nas nosas cabezas e nos nosos corazóns. A paranoia destílase nas nosas veas e no menor dos nosos movementos e así é que mesmo xa non fai falta un verdadeiro madeiro para impedirnos actuar: alxemámonos nos mesmxs.
Sen querer minimizar os feitos, a mellor burla que lle podemos facer á represión é manter o noso sangue fía, as ideas claras, seguir sendo solidarixs xs uns con xs outrxs e continuar con prudencia pero con paixón os combates que levamos a cabo.
"Unha sociedade que anula toda aventura, fai que a anulación desta sociedade sexa a única aventura posible... "
Cunha solidariedade inquebrantable.
7 jun 2013
Alguns fragmentos de reflexión, en relación con os rexistros en Bruselas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario