Recollemos e traducimos esta denuncia do "peñi" publicada en "El Ciudadano":
Nunca estivera preso. Foi detido cando tiña 17 anos e cumpriu 18 recluído no Centro do Sename de Chol Chol, Rexión da Araucanía. Este mozo "preso político" decidiu o pasado 13 de maio iniciar unha folga de fame porque se declara inocente do delito que se lle acusa, xa que en setembro de 2012, G.V.M., foi encarcerado polo asalto e homicidio do empresario Héctor Gallardo Aillapán xunto a outros dous mozos mapuche maiores de idade.
O adolescente, que residía na comunidade Wente Winkul Mapu (Ercilla) sinala que cumpre hoxe 23 días de xaxún (25 cando publicamos acá) por "a nula intención do Estado chileno e a súa xustiza de dar resposta á miña demanda como prisioneiro político mapuche de que se acelere o meu proceso. Xa estou a comezar o décimo mes de reclusión. A decisión de levar esta folga de fame ata as últimas consecuencias foi difícil, tanto para min coma para os meus familiares, pero asúmoa responsablemente e declárome disposto a mantela ata que se cumpran as miñas demandas".
- Por que se declara prisioneiro político mapuche?
- Porque pertenzo a unha comunidade que está a ser perseguida por loitar pola recuperación das súas terras. O meu dirixente Daniel Melinao está preso, a miña familia foi perseguida, o meu primo Eric está clandestino. E a situación que eu estou a pasar non é nova; dende o ano 2009 estiveron a encarcerar nenos mapuche, ou someténdoos a maltratos que en moitos deixaron secuelas de por vida, como é o caso do meu peñi Leonardo Quijón, quen sendo absolvido de todos os cargos que se lle acusaban, foi encarcerado por case un ano, sufrindo de vexamens por parte de Xendarmaría que non respectaba a súa condición de saúde, con máis de 200 perdigóns aloxados nunha das súas pernas como produto dun ataque de carabineiros. Despois, a encarceración de nenos mapuche seguiu con Cristián Cayupán e Luis Marileo, aos cales despois de varios meses privados de liberdade se lles absolveu de toda culpa e noutros casos aínda non encontran probas que os condenen. Todo isto deixa en evidencia a gran montaxe que realiza contra nós o Estado de Chile.
O mozo explica que se entregou á policía para evitar que arrasasen a súa comunidade e así eludir a violencia policial. "Chamaron ao meu avogado e ao meu dirixente, e dixéronlles que me buscaban por esa causa. Entón, para impedir que viñesen a arraxar a miña casa e a miña comunidade eu preferín presentarme voluntariamente; ademais que eu non tiña ningunha culpa, por iso entregueime á PDI".
G.V.M afirma que hai testemuñas que poden demostrar a súa inocencia, porque ese día estaba na súa casa. As testemuñas declararon, pero non foron tomadas en conta polo tribunal.
Comenta que a sua defensa pediu o cambio de medida de reclusión, pero foi rexeitada dúas veces. "O xuíz prefire darlle a razón ao fiscal que sempre menciona o mesmo, que son un perigo para a sociedade e que por iso debo permanecer recluído", di.
O mozo indica que é a segunda vez que debe declarar nunha causa, antes fixérao como vítima, porque foi baleado por carabineiros durante un arrasamento na súa comunidade. Iso foi (...) en xuño 2012. Esa vez disparáronme os pacos, que andaban buscando ao meu primo Eric Montoya por unha causa de homicidio frustrado de carabineiros (...) nós saímos a ver que estaba a pasar porque sentimos que ían subindo moitos autos polo camiño fóra da comunidade. Eran moitos pacos que chegaron, sen mostrar unha orde, nada, e empezaron a entrar ás casas e a romper todo. Entón nós empezamos a sacalos, botámolos para fóra. Aí volvían entrar e entón empezaron a disparar, lacrimóxenas, balas, de todo. E aí foi que a min me dispararon nas costas, nas costelas".
- Foi detido polos carabineiros?
- Non, non me detiveron, porque me escondín nun baixo e aí estiven ata que se foron. Doíanme muito as costas pero esperei como vinte minutos ata que se foron e aí saín. Despois diso foi que a Defensoría Penal Mapuche presentou un recurso na Corte de Temuco, pola violencia con que actuaron xa que deixaron sete feridos graves, entre eles o meu avó e tres menores. Entón citáronme e eu declarei contra o fiscal Luis Chamorro, porque el é o responsable de que os carabineiros cheguen disparando contra calquera.
- Cre que esa declaración ten algunha relación coa súa situación actual?
- Si. Creo que o fiscal quedou picado por iso e entón aproveitou o caso dos Gallardo para involucrarme.
Máis información nesta entrevista para Pichikeche (portal polos direitos dos minores mapuches)
Noticia colada e traducida por eDu
6 jun 2013
G.V.M. que conta con 18 anos de idade, é preso político mapuche e leva 25 días en Folga de Fame
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario