10 jun 2013

[Compostela] Seguen as Xornadas Antidesenvolvimento dende mañá Martes 11 ata o Venres 14 - Programa


Como xa dixéramos estas Xornadas están a ser realizadas nos diferentes espazos alternativos ubicados nesta cidade, e se a semana pasada xá houvo palestras interesantísimas na Gentalha do Pichel e no CSO A Casa do Vento, agora é a quenda da Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" e do CS Arredista, ademais da Casa do Vento que repite.

Estas son os temas, de non pouca atualidade, a tratar: a minería, as depuradoras, as incineradoras ou as cimenteiras, entroutros. A seguir, o programa:

Martes 11: «Megamineria na Galiza e situación en Corcoesto». Na Biblioteca Anarquista A Ghavilla às 20h.
Mércores 12: Roteiro «A nova depuradora de Compostela». Saída da Casa do Vento (con carros) às 18h.
Xoves 13: «Estratéxias de loita fronte agresións ambientais» – Mesa redonda: Quilmas, Fumigacións non, ILP contra as incineradoras. Na Casa do Vento às 20h.
Venres 14: «SOS Courel fronte à legalización de abusos en zonas protexidas e afectadas contra as cimenteiras do Iríbio». No CS Arredista às 20h.

1 comentario:

  1. SENTEMENETO, dende unha persoal vision (resumida ën musicai) da vision (-persoal repito-"claresistemica"dende unha optica Anarquista-- recordo-) e .escoitada hoxe ....na charla "Megamineria na Galiza e situación en Corcoesto». Na Biblioteca Anarquista A Ghavilla ".

    http://www.youtube.com/watch?v=cvNxOY7CiaU

    PD: Fago de xeito musical,(pedindo disculpas de anteman polo comecial do video- que non da sua escoita) por que resume todo aquelo que quero decir... e por que expresarse sempre e bon.... do xeito que sexa ( pènso eu... que non se me supon pensamento dentro da ansia da minoria mais absoluta e que iso dende un punto de vista humano, resulte absurdo a vista dos "cordos das mayorias" .)

    ¡ Saude !

    ResponderEliminar