Colamos aquí este video da acción en Vigo en Solidariedade con Turquía realizado por GalizaVideoTV, para a sua mellor e directa visión, e que nos fixera chegar un "anónimo" visitante como comentario da noticia que publicaramos acá en Abordaxe sobre os feitos de Turquía e ao respeito do Comunicado de Acción Anarquista Revolucionaria (Devrimci Anarşist Faaliyet, DAF)
O video recolle parte do acto organizado pola plataforma Ecoar este xoves pasado, día 13 (convocatoria da que deramos anuncio acá en Abordaxe) e colamos acá o seu comunicado:
O acontecido nas últimas semanas en Turquía demostra unha vez máis o despotismo dos gobernos dos mal chamados estados democráticos. O actual goberno turco é outro servo dos intereses dos capitalistas, que non queren unha cidadanía libre, consciente e organizada de seu.
Contra a represión, a manipulación informativa, a brutalidade policial; en apoio da loita pola liberdade cidadá e dignidade social, en Turquía como en Vigo, saíamos a rúa!
O que queremos facer agora servirá de exemplo para futuros tempos duros en todos os países e as redes sociais serán o medio de apoio.
Sería xenial se poideramos aportar todXs un pouco, creando e compartindo cousas bonitas (pancartas, fotos, vídeos, rimas, o que se che ocurra). Os gobernos e medios de comunicación non saben como tratar a fermosura, combatémolos como non saben.
Tanto gobernos coma medios de comunicación dan unha imaxe distorsionada do que está ocorrendo, pasando por alto demasiados detalles importantes.
Por eso debemos saír á rúa para destapar as mentiras e apoiar aos nosos compañeiros e compañeiras.
17 jun 2013
[Video] Vigo co Pobo Turco 13 de xuño
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario