11 jun 2013

[A Coruña] Unha outra agresión da policía local a unha persoa de orixe nixeriano. Comunicado do Foro da Inmigración

De esperpento é o que se está a pasar en A Coruña con a situación das persoas migrantes e traballadoras dende tempo há. Xá neste mesmo blogue de Abordaxe (aquí e máis acá)temos tratado as redadas racistas e o acoso policial a migrantes nesta cidade.

Mais a iso agora sumaselle o desprezo da alcaldía pola laboura do Foro da Inmigración, cando, tras a denuncia (a segunda nun mes) do Foro dun novo caso de violencia policial este venres pasado 7 de xuño no Polígono de A Grela contra un cidadá residente na cidade, de orixen nixeriano e de posición económica criminalizable para os seus rexidores, vai o bocazas da alcaldía (digo, o voceiro) Julio Flores e, no intento de desprestixiar ao Foro, fai unhas declaracións à cadena SER na que acusa ao Foro de que mentiron no pasado, minten no presente e seguirán mintindo no futuro e xa no colmo, di textual (na sua lingua castellana) que "al Foro de la Inmigración en esta ciudad no le importan mucho los inmigrantes sino que lo que le importa es manchar la imagen de la policía local que está para salguar, salvaguardar la seguridad de los ciudadanos" (sic)(ouvir acá).

E así como os falsimedios non dubidan en dar pulo às palabras da alcaldía, nós imos darlla ao Foro da Inmigración e colamos à ìntegra o Comunicado que recollemos do seu blogue:

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
COMUNICADO DE PRENSA


INTOLERABLE AGRESIÓN POLICIAL A UNHA PERSOA DE ORIXE NIXERIANO NA CIDADE DE A CORUÑA

O Foro Galego de Inmigración, xunto coa Asociación Sen Papeis de A Coruña e outros colectivos desa cidade, ven denunciando dende hai varios meses o acoso ao que está a someter a Policía Local de A Coruña ao colectivo de persoas migrantes nixerianas residentes na cidade, particularmente aos vendedores ambulantes.

Desgraciadamente esas actuacións continuadas derivaron onte venres día 7 de xuño nunha intolerable agresión policial a unha persoa de orixe nixeriano que desenvolvía esta actividade de venda no Polígono de A Grela, preto do Centro Comercial Marineda City. É a segunda agresión deste tipo, tras outra que denunciamos xa no pasado mes de maio.

Queremos facer denuncia pública desta Actuación intolerable, emprenderemos tamén, se é o caso, as acción xudiciais pertinentes, e esiximos tamén unha aclaración pública do Alcalde de A Coruña, responsable último destas actuacións violentas e racistas que ven desenvolvendo con este colectivo a policía local. Aclaración Pública que inclúa un compromiso explícito de poñer fin a estas agresións.

Na súa maioría este colectivo está composto por residentes, recoñecidos legalmente, que se atopan nunha situación de desemprego e que desenvolven esta actividade de venda ambulante, para conseguir uns recursos mínimos que lles permitan sobrevivir. Pois ben, a Policía Local da cidade ven impoñendo sancións (multas) de 100 Euros que xa contamos por decenas nos últimos meses, ao tempo que lles impiden realizar calquera actividade que lles permita facelas efectivas. A este acoso sumamos o maltrato policial que alomenos temos documentado en dous casos nos últimos meses.

Estamos diante dunha aplicación das leis que atenta contra os dereitos humanos e contra a leximitade de quen ordea a aplicación de tal normativa, polo que o Foro Galego de Inmigración, xunto coa Asociación Sen Papeis de A Coruña, esixen o cese do maltrato ás persoas migrantes, unha política activa contra a exclusión social e de defensa dos dereitos das persoas migrantes e, ao tempo, unha xestión intelixente da diversidade cultural por parte das autoridades locais.

Para máis información:

Foro Galego de Inmigración: Miguel Fernández (662307019) .
Asociación Sen Papeis de A Coruña: Nicanor Alonso (698-137876)

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
http://www.forogi.wordpress.com

Noticia presentada e redactada por eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario