Recollemos da web da CNT galaica:
Os sindicatos CNT, CIG, CCOO, UGT e USTG, convocan para mañán mércores 12 de xuño folga xeral nas comarcas de Ferrol, Eume, e Ortegal e afectará a todos os sectores productivos das tres comarcas.
Cunha porcentaxe escandalosa de paro na comarca que chega ao 32%, un 10% máis que a media da Galiza, cun dos mellores asteleiros do mundo e cunha man de obra en grao sumo cualificada, pero sen un só barco que comezar a construír nas gradas; cos polígonos industriais comidos polas malas herbas e o vórtice especulativo; coa emigración como o menos escuro dos futuros; a clase obreira de Ferrol volve dicir unha vez mais que non, que de ningún xeito, que non hai lugar para a resignación e que continúa a loita polos seus dereitos, como se fixo sempre, coa folga como ferramenta, coa unidade na rúa e nos piquetes, como se fixo nos principios do século XX, como se continuou facendo en marzo do 72 e como se continúa facendo hoxe en dia.
11 jun 2013
Mañán 12 Xuño: Folga xeral en Ferrol, Eume e Ortegal
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario