Colamos da web de Esculca, que ven de apresentar queixa a "Defensoría del Pueblo" (acá e acolá):
José Antonio Vilasó Pardavila, preso galego actualmente interno no Centro Penal de Mansilla de las Mulas, en León, iniciou unha folga de fame para protestar polas duras condicións de illamento a que está sendo sometido a pesar de padecer SIDA e cancro linfático en estado moi avanzado, que o obriga a seguir un tratamento de quimioterapia. Afirma preferir a morte antes de unha vida sen dignidade.
A pesar da súa extrema gravidade, tanto a Xunta de Tratamento do penal como o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria de León, parecen ignorar estas circunstancias. A primeira, coñecida como unha das mais implacábeis do estado español pola dureza das medidas que aplica aos internos do penal, denegou a solicitude de excarceración por doenza terminal de Vilasó Pardavila alegando perigo, encanto o Xulgado demora inxustificadamente a resolución do recurso presentado contra tan despropositada negativa.
A todo isto súmanse agora a decisión do Centro Penitenciario de o trasladar a un departamento especial dentro da propia Enfermaria denominado "Zona Cero". Como a lei prohibe aplicar a doentes graves o réxime de illamento, o C.P. transladou o interno a este departamento para poder sometelo a un réxime de vida equivalente, con limitación de saídas ao patio (apenas dúas horas ao dia e en solitario) e restrición de comunicacións. A xustificación alegada para tomar tan drástica medida foi o interno ter dado dous bicos a unha coñecida o pasado 7 de xuño. Acción, ao parecer, prohibida (sic).
Convén lembrar que o pasado 3 de Abril o Parlamento Galego debateu en comisión unha Proposición non de Lei sobre a situación penitenciaria de persoas con arraigo na Galiza en que, entre outras cousas, se reclamaba que estas persoas pudesen cumprir condena en cárceres do país para evitar agravar o seu sufrimento e o da súa contorna afectiva.
En protesta pola situación de isolamento a que é sometido, Vilasó Pardavila iniciou unha folga de fame e rexeita todo tipo de medicación. Afirma preferir a morte antes de unha vida sen dignidade.
Colectivos solidarios solicitan se envien faxes ou mails interesándose polo seu estado e reclamando que sexan tomadas medidas urxentes para a súa excarceración, a mais urxente o cesamento inmediato do réxime de illamento e o translado ás dependencias comuns da enfermaria.
Centro Penitenciario de Masilla de las Mulas (núm. 987877410)
Xulgado de Vixilancia Penitenciaria nº 3 de León (núm.987895176)
Defensora del Pueblo (registro@defensordelpueblo.es) Tfn. 24 horas: 914327900
Ademais como diziamos ao principio EsCULcA apresentou queixa xunto da Defensoría del Pueblo pola situación na que se atopa e demanda a abertura de expediente a fin de constatar se foron vulnerados direitos fundamentais e o cesamento imediato do rexime de isolamento a que está sometido na actualidade.
11 jun 2013
José Antonio Vilasó Pardavila, preso galego con doenza grave en folga de fame no CP Mansilla de las Mulas (León)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario