Colamos de Sermos Galiza:
As once persoas, a maior parte delas estudantes da USC, están acusadas de delitos de “desordes públicas, danos e lesións” en relación coa protesta contra os recortes na universidade acontecida o pasado 14 de marzo na Universidade de Compostela (USC) “e que provocara a suspensión, durante un par de horas, da sesión ordinaria do Consello de Goberno desta Universidade”, e deberán declarar en calidade de imputad@s o vindeiro día 21.
O denunciante acusa a est@s moz@s de “empurrar, golpear e mesmo roubar material regulamentario de defensa e que, mesmamente, provocaron desperfectos no edificio da Reitoría da USC”.
“A Brigada Local de Información da Comisaría de Policía de Santiago de Compostela, tras cotexar as imaxes daquela xornada realizadas polos medios de comunicación, chegaron a indentificar a once das persoas alá presentes”, afirman desde os Comités mais aseveran que: “soubemos xa de erros formais na identificación de cando menos dúas das persoas imputadas”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario