Colamos esta convocatoria recibida na nosa caixa de correos das compas de ECOAR Vigo:
Contra a represión, a manipulación informativa e a brutalidade policial; en apoio á loita; pola liberdade cidadá e dignidade social; en Turquía como en Vigo, saíamos a rúa!
P.D.: adxuntamos o escrito da compañeira Nur Elçik "A resitencia ensínanos"
Queridxs camaradas:
Por favor, antes de descartar este escrito, pensádeo dúas veces, porque a resistencia non é só sobre Turquía, senón tamén acerca da resistencia que conecta a todo o mundo en contra das violacións dos D.D.H.H.
O movemento comezou como unha resistencia pacífica contra a destrución dun parque público no centro de Istanbul en favor da construción dun centro comercial. A policía atacou xente de diferentes orixes, ideoloxías e relixións, reunidas para previr a demolición de algo maior que o parque. Nestes ataques non só utilizaron gas lacrimóxeno, senón tamén balas de fogueo, canóns de auga e violencia física extrema. Para poder protexer as nosas vidas con dignidade humana, liberdade de expresión e de palabra, respecto polos dereitos humanos, non podemos permitir que o goberno posúa control sobre as decisións que tomamos vinculadas aos nosos corpos. Opoñémonos a aspectos conservadores acerca da regularización do parto con cesárea, aborto, etc. Noso presidente (Erdoğan) non dubida en empregar a violencia contra cada persoa cun punto de vista diferente.
VIOLENCIA POLICIAL:
A policía utiliza vehículos de intervención en incidentes masivos para parar as manifestacións e a tensión social. Non dubida en arremeter contra a xente con estes vehículos (xa hai vídeos en circulación que mostran estes momentos).
O método comunmente utilizado pola policía é forzar á xente a entrar en edificios ou poñelos contra unha esquina e lanzar gas lacrimóxeno na súa contra.
Ata este momento reportáronse 5 persoas mortas, e hai numerosas persoas que foron seriamente feridas como consecuencia da excesiva violencia policial.
A policía utiliza helicópteros para botar bombas de gas nas estradas e o centro da zona de protesta. Tamén prenderon lume ás tendas de campaña dos manifestantes e atacáronos con canóns de auga, spray de pementa e gases lacrimóxenos nunha redada durante a noite.
A cantidade de gas utilizado pola policía supera de sobra as estimacións.
Cando usan gases lacrimóxenos, toda a zona queda cuberta de fume branco, non se ve nada, e a policía apunta á cara da xente.
MEDIOS DE COMUNICACIÓN:
Todos os medios de comunicación están controlados e silenciados polo goberno. Nin sequera un só periódico ou canle de televisión emitiu ou informou acerca dos sucesos. A pesar de que as manifestacións se estendesen por todo o país, hai moitas persoas vivindo fóra das grandes cidades que non están informadas das manifestacións ou do que acontece exactamente en Turquía.
SOLIDARIEDADE:
Toda esta resistencia e solidariedade móstrannos unha saída alternativa. Durante estas manifestacións, a pesar dos ataques policiais, feridos, ou persoas mortas... é reconfortante ver a xente unida, vindo de tan diversas orixes.
A xente deixa auga e comida para os demais na rúa; algúns hoteis permiten entrar a feridos; os médicos tratan de prover primeiros auxilios en calquera sitio; algúns policías negáronse a regar xente con gases lacrimóxenos e renunciaron aos seus traballos; algúns sitios desactivaron os seus contrasinais para internet wifi (estas zonas agora provén unha rede gratuíta de internet) para compartir as noticias reais contrastadas cos medios convencionais.
Iso é o que ensina a resistencia... Opoñámonos á violencia xuntxs, promovamos a dignidade humana, aprendamos xuntxs!!!
Isto representa a dignidade humana, nada menos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario