24 may. 2013

Sobre ecolojetas animalistas e xabaríns de plástico

Recibimos na nosa caixa de correo este Comunicado ao respeito dunhas pintadas aparecidas nos locais da Asociación de Viciños de Bens nas que se lles tilda de asasinos por ceder os seus espazos ao clube Hércules de tiro con arco para unha competición con animais de plástico como obxectivo dos arqueiros, feito que motivou un posicionamento unánime na prensa comercial (e algunha contrainformativa) contra as/os autorxs das mesmas, facendo mesmo burla do feito de que os animais eran de plástico.

Colamos pois este Comunicado que non ven asinado:

Agora que parecen calmar as augas cremos que é preciso este comunicado:

Moita tinta correu tralo "ataque" á Asociación de Vecinhxs de Bens na Corunha, que cedeu o seu espazo ao Clube de Arco Hércules. Moitos titulares de "chaman asasinos aos organizadores dun campionato de tiro a animais de plástico", moitas asociacións cidadanistas clamando responsabilidades, moitxs animalistas prosistema cas mans na testa. Moita demagoxia, moita desinformación... ata dende a parte contrainformativa.

Primeiro, recalcar que as persoas actuantes fixeron esta acción de modo autónomo e non vencellado a nengunha organización ecoloxista-animalista-capitalista. Simplemente dende unha óptica activa da liberación animal.

Segundo, que a asociación de arco que tira a "animalitos de plástico", o fai a modo de práctica vulgar da futura matanza, xa que realmente son cazadores profesionais. Ou como prefire definilo o propio presidente da asociación, Óscar Novas, só cando llo piden as autoridades ou xs vecinhxs da zona, pódese ler neste artigo da Voz:

Tamén é resaltable que varios destes arqueiros, e polo tanto, participantes desta Asociación, son cazadores que colaboraron activamente nas matanzas masivas de "lobos híbridos" levadas a cabo dende o pasado ano.

Terceiro, que a dita Asociación de Vecinhxs de Bens, si organizou concursos de caza real en tempadas pasadas, desa de dor, sangue e berros de animais feridos. Índa que, como eles mesmos asumen, tiveron prácticas "menos sanguentas", como facer diana sobre codornices criadas en cautividade e ceivadas pra ese fin, iso si, golpeando con frechas sen punteira metálica, o que leva á morte a golpes da ave - si señor, unha morte moito menos sanguenta, pero cheíña de contusións internas -.

Cuarto e importante, a contrainformación... dende cando dámoslle credo á prensa burguesa? dende cando as mentes críticas asumen o discurso do poder a sabendas do sesgo informativo? dende cando opinamos sen contrastar? Dende cando carallo cremos o que nos din??

Quinto, pense o que pense quen queira, voltariamos a facelo sen dubidar un intre.

APOIAR A CAZA NON SAE GRATIS!
ATA QUE TODXS SEXAMOS CEIVES!

E sexto, porque ademáis, funciona, senón ollade esta web de cazadores en acción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada