24 may. 2013

Deteñen, interrogan, acusan e queren xulgar un neno coma se fose adulto por ser pobre e extranxeiro

A.K., natural de Mali e menor de idade, vai ser xulgado pola xurisdición penal de adultos o próximo 5 de xuño, acusado dun delito de falsidade documental.

A.K. entra "ilegalmente" en Melilla e é internado nun CIE, onde manifesta ser maior de idade e natural de Burkina Faso co fin de evitar a extradición ao seu país. Máis tarde, despois de recibir o seu pasaporte, Documento de Identidade e certificado de nacemento (nos que constaba a súa minoría de idade) enviados pola súa familia dende Mali, ingresa no Centro de Observación e Acollida (COA) dependente do Servizo de Menores da DGA.

Como, ao parecer, a administración presupón que todos os menores estranxeiros menten, dende o COA séguese o procedemento habitual. É dicir: a súa condición de estranxeiro prima sobre a de menor. Trasládase A.K. a estranxeiría onde, malia non cometer ningún delito, é interrogado sobre a súa documentación nos calabozos da comisaría do Paseo Mª Agustín (en dependencias policiais de adultos), se lle toman as pegadas dactilares e unha foto, se busca o seu "rastro" nas bases de datos de inmigrantes que ten a Policía Nacional e a policía científica comproba a autenticidade do seu pasaporte.

Aínda que pareza mentira, este é procedemento "normal" cun menor estranxeiro. A partir de aquí empeza o "irregular": malia os documentos que achega o menor e malia que o ditame da policía científica sobre o seu pasaporte é que non está falsificado, a declaración que no seu momento A.K. realiza no CIE priorízase sobre a validez da súa documentación. Solicítase a Fiscalía de Menores que autorice a realización dunha proba radiolóxica para determinar a súa idade e, sorprendentemente, a Fiscalía autoriza porque a directiva de FGE de marzo de 2012 ordena realizar a proba "en caso de dúbida sobre a idade".

A radiografía (que é unha proba "aproximativa" con ampla marxe de erro segundo as características de cada individuo) estima que A.K. ten máis de 18 anos e non menos, como consta na súa documentación. Dende ese momento a A.K. trátaselle como maior de idade, é detido como adulto, pasa dous días no calabozo, é expulsado do Centro de Acollida e ao quedar en liberdade encóntrase imputado como adulto dun presunto delito de falsidade documental. Actualmente reside no Albergue Municipal de Zaragoza.

Aínda que todo ese disparate obedece á suposta sospeita de que poida ser maior de idade, a policía veu a recoñecer de forma verbal a letrada que asistiu A.K. que o seu pasaporte era aparentemente válido. Máis tarde, o informe oficial que a policía científica trasladou ao Xulgado di textualmente nas súas conclusións: "Considérase auténtico o pasaporte analizado". Malia esta peritación, malia que hai abundante documentación sobre o inexacto das probas de idade e precedentes de xuízos gañados por menores noutras comunidades por ser considerados como adultos por estes mesmos motivos, a Fiscalía de Menores considera que "a única proba válida para determinar a idade" é a proba radiolóxica. Preguntámonos (e sabemos a resposta) que opinaría a fiscalía se o pasaporte fose canadense, francés ou xaponés, por exemplo, e non africano.

Dende ASAPA (Asociación de Seguimento e Apoio a Persoas Presas de Aragón) denunciamos a situación de A.K. e a violación de dereitos fundamentais que supón a política de expulsión sistemática amparada na Instrución 1/2012 da Fiscalía Xeral do Estado[1]. Á vista de que os casos como o de A.K. véñense repetindo con máis e máis frecuencia, o Grupo de Menores de ASAPA xa denunciou [2] esta práctica hai dous meses.

A Fiscalía de Menores, lonxe de cumprir coa súa obriga de velar polo interese superior do menor, decide botar ao rapaz ao Alberge Municipal e imputarlle arbitrariamente uns cargos carentes de proba, talvez apostando por unha condena penal para evitar anoxosos trámites administrativos e expulsalo máis doadamente do noso país?

Do mesmo modo, o servizo de Protección de Menores foi en todo momento cómplice desta situación, inhibíndose da súa obriga de protexer o menor malia ter toda a información que se plasma neste documento. Malia que esta asociación informou repetidas veces aos seus máximos responsables (Javier Ferrer, Xefe do Servizo de Protección de Menores e Ana Goez, Subdirectora Provincial de Protección á Infancia e Tutela), o Servizo de menores mantivo a A.K. nunha situación clara de desamparo.

Entendemos que esta forma de proceder:

- descoñece a lexislación vixente en materia de menores tanto no plano interno coma no internacional;

- supón un desprezo cara aos documentos expedidos por países soberanos e que, polo tanto dan proba fidedigno da idade dun menor, fronte a probas non contrastadas (como as radiolóxicas) nas que nin sequera vén a expresarse a marxe de erro das mesma;

- enmárcase dentro dunha dinámica establecida no Servizo de Protección de Menores de pechar cantos expedientes sexa posible;

Así mesmo recordamos que unha práctica similar neste mesmo contexto xa deu lugar á interposición, por organizacións defensoras dos Dereitos Humanos, dunha querela criminal contra o Ministerio Público ante o TSJ de Canarias por delito de prevaricación.

Grupo de Menores de ASAPA - Asociación para o Seguimento e Apoio a Persoas Presas en Aragón.

22 de maio de 2013

C/ Barrioverde n.º 10. 50002 Zaragoza. Tel/Fax 976399670. asapa_zgz@hotmail.com/asapamenores@hotmail.es
________________________________

[1]Ver o texto da Directiva [29 de marzo de 2012]:
[2]La denuncia de ASAPA [20 de marzo de 2013]:

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada