21 may. 2013

[Compostela] Hoxe, Martes 21 às 21 "BARRIOS BAJOS" no Cinema Forum Anarquista de "A GHAVILLA"

Bairros Baixos ( Pedro Puche Espanha 1937) 93 min.

Filme da Republica producido polo SIE, Sindicato da Industria do Espectáculo, de pertenencia maioritaria cenetista e anarquista. O filme suscitara polemica por non seguir ao pé da letra o ideario anarquista, ao tentar conciliar ideoloxía libertaria e vocación comercial.

É o único filme desta época que toca o tema do proxenetismo. Ricardo, un mozo pequeno-burgúes, sorprende à sua muller con outro home e, arrebatado polos ciumes, mata o amante dun disparo. Fuxe, agochándose nun cafetín onde vive un antiguo amigo seu, "El Valencia", fornido estibador do porto de Barcelona. "El Valencia" acolleo e protexeo da curiosidade de Floreal, un perigoso hampón adicado à trata de brancas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada