21 may 2013

O Tattoo Circus. As instalacións do centro social: “Antes e despois”

Colamos do blogue do CSO Palavea:

Mentres se escribe este artigo, aínda acaba de rematar no CSOA Palavea o Tattoo Circus.

Aproveitamos este evento para sacar á luz un reportaxe fotográfico que nos gustaría chamar: “Antes e despois“. Parece que foi onte cando, hai case dous anos, un grupo de persoas tomou a decisión de entrar no actual centro social de Palavea, o antigo edificio das oblatas.

Cando estas persoas entraron nas instalacións do inmenso edificio e finca, o que se toparon no seu interior foi o legado da especulación inmoviliaria, do capitalismo máis salvaxe e do abandono máis absoluto que é consecuencia do primeiro.

Por iso, agora que xa están a piques de cumplirse eses dous anos, aproveitamos os últimos traballos feitos con motivo do tattoo circus para ensinar ao público como era hai dous anos o edificio que albergaba o abandono, o desuso e a desidia máis absoluta, e como é agora a casa que alberga o centro social okupado e autoxestionado de palavea, no que un gran número de activistas invertiron tempo, esforzo e ganas en rehabilitar, reconstruir e reinventar os estragos que ese abandono causara durante dez longos anos.

Velo acá no seu blogue

No hay comentarios:

Publicar un comentario