21 mar. 2013

Video de acción #BoikotInditex

A Plataforma #BoikotInditex criada a primeiros deste ano 2013, porque hai razóns suficintes (ver acá o seu Manifesto: "A vosa fortuna é a nosa miseria") e que fixera, como tal Plataforma, a sua presentación pública en 12 de xaneiro diante dunha das tendas deste emporio na Corunha con a acción "Descosendo nas rebaixas", ven de recebir, tal como reconhecen no seu blogue, este vídeo dunha xente que está levando á práctica accións de boicot a Inditex. Neste caso foron un grupo de persoas que etiquetaron as prendas de roupa nunha serie de tendas do grupo, visibilizando as malas prácticas que levan a cabo.

E copiamos e colamos o postulado por esta Plataforma no seu blogue:

A acción é ben sinxela, e convidámosvos a que a poñades en práctica, só se precisan etiquetas adesivas, imaxinación e unha visita á tendas do grupo, podedes pegalas sobre as etiquetas das prendas para que, quen merque, sexa consciente de que colabora coas prácticas que o grupo Inditex que leva a cabo en todo o mundo, como a explotación, a venda dun modelo de beleza que oprime ás mulleres, etc.

Agradecemos a esta boa xente que nos fixera chegar este vídeo e mostrámoslles todo o nosos apoio e, inisitimos, é ben fácil de facer, animádesvos??

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada