29 mar. 2013

Pretenden facer un xeriátrico do edificio do C.S.O.A. Palavea

Nova Caixa Galicia, propietaria ata fai pouco do convento das Oblatas onde agora se atopa a okupa coruñesa, vendeu a finca a un empresario de Sada que pretende transformala nun xeriátrico. Así o anunciaba onte a sección local do diario comercial "La voz de galicia" (únicamente na súa versión impresa, non o busquedes por internet) de onde nós extraémos a maioría da información. Según puidemos saber dende Abordaxe, xs okupas xa eran conscientes desta situación aínda que, polo de agora, non se pronunciaron ao respecto.

A finca, de 6800 metros cadrados, con 3500 deles edificados, a comprara no 2007 o ex-futbolista do Celta Valeri Karpin, na súa lamentable faceta de especulador financeiro, por máis de sete millóns de euros. Polo visto ao xogador ruso non se lle daban tan ben os pelotazos urbanísticos como os futboleiros, posto que a execución da hipoteca bancaria por non facer fronte aos pagos deixou a propiedade do edificio nas mans de Nova Caixa Galicia. Foi pouco despois, hai algo menos de dous anos, cando os okupas coruñeses liberaron o espazo das especulativas gazoupas dos boitres finaceiros para convertelo nun prolífico centro social preñado de actividades e rebeldía (blog da okupa: okupacorunha.wordpress.com).

O empresario que agora fíxose coa propiedade do edificio apenas desenvolsou un millón e medio de euros na transacción, cinco veces menos do que pagou Karpin. Agora dí que pretende desaloxalo a medio prazo para forrarse a costa dos anciáns (pois os xeriátricos privados non son filantrópicas asociacións caritativas, senon lucrativos negocios que explotan aos nosos maiores beneficiándose dunha sociedade cada día máis privatizada e envellecida). De tódolos xeitos o caso segue nos xulgados, coma xa estaba antes do cambio de propietarios, e, polo de agora, non coñecemos novidades neste eido. Iso non quita que os solidarixs esteamos atentos ante imprevistos movementos.

Dende aquí só podemos desexarlle ao C.S.O.A. de Palavea unha longa e combativa resistencia.

Seguiremos informando.

C.R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada