1 abr. 2013

[Compostela] Martes 02 abril às 20:00 Proxeción Filme "A Lei de Herodes" no Cinema-Forum "A Ghavilla"

Recebemos da Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" esta convocatoria que reproducimos:

Séptima entrega do CINEMA-FORUM "A Ghavilla" con este filme mexicano, autoría de Luis Estrada (ano 1999).

Unha comedia satírica sobre a corrupción política en México durante o longo mandato do PRI (Partido Revolucionario Institucional) que val para dicer aquilo de que: "Todo parecido con a coincidencia é...".

Considerado como un dos grandes filmes mexicanos dos últimos coarenta anos, non só pola sua calidade e humor irónico e mordaz, senón tambén pola capacidade de síntese da que fai gala, dado que reflexa con fidelidade o estilo de gobernar do PRI, que levaba 71 anos seguido no poder, e de cómo mediante o autoritarismo e a corrupción, o PRI, o goberno, o estado e as suas institucións, chegaron a ser todas a umha, a mesma cousa. Asín a cinta incorpora à trama alusións às prácticas priistas como o dedazo ou o crimen político como método de solución de conflictos. Recolle frases do ideario priista como “están jodidos porque quieren”, ou “en este país el voto se respeta y no es nuestra culpa que la gente siempre vote por mi partido”.

Como sempre na Biblioteca "A Ghavilla" às 20:00' (comenzo pontoal) r/Puente la reina nº8 baixo

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada