12 feb 2013

Continuan os malos tratos a Noelia, presa galega en Brieva

Segundo informa a Asemblea de Familiares e Amig@s das Persoas Presas (AFAPP), Noelia Cotelo teria sido vítima novamente de ameazas e malos tratos no penal de Brieva, onde mantivo recentemente unha folga de fame en protesta polas duras condicións a que é submetida e en demanda do seu translado a un cárcere de Galiza, onde reside e ten familia.

Dende AFAPP contan que puideron saber o seguinte:

*O Xoves o abogado foi a visitar a Noelia. Tubérono 1 Hr esperando na cabina mentres supóstamente Noe fumaba un pitillo.

*Ó pasar unha hora o abogado se queixou, e dixéronlle que Noe non quería baixar a velo. Entón, o abogado pediu ver ó Director do Penal, cando camiñaba por un pasillo escoitou golpes.

*Finalmente deixaron a Noe baixar a ver ó abogado, entón supimos que estaba encerrada nun cuarto de baño.

*A Noe comenzáronlle a saír magulladuras polo Corpo, polo que sabemos envolvérona cunha manta para pegarlle fai unhos dias.

*Noe recibiu a visita dunha muller e máis dun home, os dous ameazárona con que debía retirar as denuncias, senón quería morrer no cárcere ou ingresar nun psiquiátrico.

*Noe recibiu por outra banda a visita dun Inspector na súa celda, este botou unha ollada rápida e marchou. Noe puido escoitar como o Inspector dixo “¿Cómo puede una persona estar durmiendo aquí?” Lembramos que a celda onde se atopa Noe dende os primeiros problemas que tivo, ten a ventá rota e non ten calefacción, ademais quitáronlle a roupa de abrigo e mantas e na derradeira visita non lle deixaron a súa Nai entregarlle roupa, mantas e material escolar.

*Noe insiste en que lle están dando comida moi grasa como “Fabada con chourizo” e a vomita toda. O elevado precio da comida no economato fai que teña problemas para consumir algo tan sinxelo como iogures.

Comezouse unha recolecta* para ingresarlle cartos no economato para que poda comprar comida “sana”.

Por outra banda, a súa nai Dolores consiguiu falar con José Maria Pérez Peña, Subdirector General da Inspección Penitenciaria, quen escoitou as denuncias e reclamacións de Noe e Dolores e dixo que intentaria facer o posible para traer a Noe a Galiza.

* Podense facer aportacions solidarias directamente ao economato, que administra o BSCH en todos os presidios.

A conta é: 0049 4630 162417405777.

Esta é a conta que usa a prisión en colaboración con BSCH, é a unica forma de facer ingresos hoxe día.

Os ingresos fainse os Luns. ao nome da Interna. Noelia Cotelo Riverio.

Dende AFAPP din que agradecen a comunicación dos posibles ingresos para que non se "perda" dinheiro no camiño e ter as contas claras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario