Recebemos na nosa caixa de correo este cartaz realizado en "Villa-ENCE", cidade-celulosa (Pontevedra) e que foi colado polas rúas en solidaridade cxs compañeirxs gregxs que participaban das diferentes experiencias de okupación reprimidas últimamente en Atenas. Presentamos a edición e colada deste cartaz como unha acción de propaganda enmarcada no Febreiro Negro.
Ademais recollemos de ContraInfo esta Crónica dos ataques estatais e paraestatais a okupas e espazos autoxeridos durante o ano 2012 e primeiros de 2013:
25 de marzo de 2012: Detencións masivas de compas e invasión da policía do Ateneo Autónomo Baruti, na cidade de Veria (norte de Grecia)
20 de abril de 2012: Asalto policial ao CSO VOX e a casa okupa Valtetsiou 60, ambos espazos no bairro de Exarchia, Atenas
29 de abril de 2012: Desaloxo da casa okupa Panteios, en Atenas
2 de jullo de 2012: Redada da madeira no espazo anarquista Nadir e na okupa Orfanotrofio, en Tesalónica
10 de jullo de 2012: Ataque incendiario fascista contra a okupa Apertus, na cidade de Agrinio
13 de jullo de 2012: Ataque incendiario fascista contra a okupa Draka, na illa de Corfú
18 de agosto de 2012: Desaloxo do Mercado Municipal okupado do bairro de Kypseli, en Atenas
13 de setembro de 2012: Ataque fascista incendiario contra o espazo autoxerido da Universidade da cidade de Rethimno, illa de Creta
16 de setembro de 2012: Desaloxada a okupa Delta, en Tesalónica
1 de outubro de 2012: Desaloxo da okupa Afroditis 8, na cidade de Veria
30 de outubro de 2012: Desaloxo da vivenda okupada de Spyridonos Trikoupi en Exarchia, Atenas
20 de decembro de 2012: Desaloxada a okupa Villa Amalias, en Atenas
22 de decembro de 2012: Ataque fascista contra o espazo autoxerido Xanadu, na cidade de Xanthi
28 de decembro de 2012: Redada da madeira na faculdade de ASOEE, arrestos e malleiras a migrantes vendedores ambulantes e equipa de 98FM confiscado pola madeira, en Atenas
9 de xaneiro de 2013: Desaloxo da okupa Skaramaga, en Atenas
15 de xaneiro de 2013: Redada da madeira na okupa Lelas Karagianni 37, en Atenas
2 de febreiro de 2013: A okupa Villa Zografou e o espazo autoxerido Berdés foron atacados por nazis e pacos
7 de febreiro de 2013: Ataque incendiario fascista contra o espazo anarquista Thersitis, en Atenas
Ademáis, muitos outros proxectos antiautoritarios de okupación están ameazados ao longo de Grecia.
Que a solidariedade cruce as fronteiras e aplaste a dominación!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario