14 ene. 2013

Noelia Cotelo Riveiro en Folga de Fame 8/01/2013

Recebemos no noso correo esta notícia das compas de "Cuarto Grado Salamanca" publicada no blogue Carcel=Tortura

O su obxetivo: sair do cárcere de Brieva e volver à sua terra, perto da sua familia (Galiza).

Como vimos dicindo, Noelia leva sufrindo acosos, abusos, malos tratos, torturas e unha infinidade de sinónimos sobre os tratos inhumanos dentro de prisión, que aínda non remataron e parece que non teñen intención de facelo.

Nestas últimas semanas, seguiron coa obsesión de facerlle a vida imposible a Noelia. Tras o motín a finais de Decembro, reducíronlle as horas de patio, de ter 3 horas ao día, a 1 hora, mesmo media nalgunha ocasión. Para colmo, o carcereiro que a agrediu sexualmente puxo unha contradenuncia para Noelia, dicindo que fora ela a agresora; e agora é Noelia a que sofre as consecuencias con 28 días de illamento. Isto cada vez ponse máis irónico.

Polo que, como tamén vimos dicindo, a nosa compañeira non está disposta a contribuír ao seu silencio e quedar no molde. Con isto ben claro, o día 8 de Xaneiro decidiu comezar unha Folga de Fame Indefinida co apoio dos seus compañerxs presxs en loita.

As súas esixencias e con xunto a ela, as nosas, son:

* Que cesen todos os malos tratos, as torturas, os tratos degradantes, as malleiras, as palabras malsoantes en todas as prisións.
* Abonda da complicidade dxs médicxs e xuízxs.
* Que non se repita nunca máis un episodio de violencia machista, ningunha vexación e ningún ataque sexual máis. Que non haxa carcereiros homes nos módulos e cárceres de mulleres.
* Que as familias estean unidas, que ningunha lei ou pena poida separalas. Non á dispersión das persoas presas. Cada unha na súa terra. Non aos constantes cambios de prisión.
* Que todas as persoas presas sexan tratadas con dignidade, que se lle subministre o seu tratamento, que sexa atendida polo persoal médico necesario. Que a sanidade, algo tan universal, chegue a elas. Ningunha MORTE máis nas prisións. Abonda de neglixencias médicas.
* Que non se nos minta máis, reinserir non é humillar, as persoas non necesitamos que nos reinsiran en ningún lugar, necesitamos respecto. O odio e a violencia tan só xerará máis odio e violencia.
* Que a transparencia, tan citada, chegue a Institucións Penitenciarias e a todo o relacionado con elas. Non máis impunidade. Non máis asasinatos estatais encubertos.
* Que finalice toda esta farsa. Que a pobreza non se castigue coa prisión; que a prisión non viva das persoas pobres. Que finalice o sistema mercantilista. Somos persoas, non moedas.

Noelia non é a única, hai moitas Noelias. A seguinte pode ser calquera de nos. Abride os ollos e abride o corazón. Que regresen ao seu lugar, onde os esperan as súas familias, xs amigxs, aquelas persoas que xs aman. Non podemos seguir mirando para outro lado, non queremos que os muros das prisións sigan sendo opacos. Atrevámonos a amar, a apoiar, a sentir; saiamos do camiño establecido e fagámolo xuntas. Porque non imos permitir unha mostra de violencia cara a ningunha persoa máis. Porque senón agora, cando? e senón ti, quen?

Para rematar, esiximos que Noelia volva a Galiza e que remate a dispersión para todas as persoas presas. Esiximos un trato digno e humano para Noelia e todas as persoas presas. Esiximos que se investigue o intento de violación cometido no cárcere de Ávila, denunciado como abuso sexual, lesión e tortura. Esiximos que os organismos encargados de vixiar que se respecten os Dereitos Humanos para as persoas presas (como o Valedor do pobo ou o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria) actúen; senón, ídesvos converter en cómplices dos feitos denunciados.

Noelia non está sóa!


Información copiada e traducida de Carcel=Tortura
Mais información sobre o caso Noelia neste mesmo blogue


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada