Recebemos esta notícia no noso correio, e como poucas veces contamos con información anticarceres dos EEUU, pois imos dar conta dela:
O xoves, 24 de maio, un grupo dunhas 70 persoas participou nunha mani ruidosa por fora do centro de detención xuvenil King County. Antes delo, realizouse unha asambleia pública na mesma rua do centro de detención. Nesa asambleia, debateuse sobre o feche permanente do cárcere e realizuse un foro aberto de ideias sobre estratexia e intención. Unhas 200 persoas participaron neste evento amplamente defundido e, entanto estaban reunidas, perto de 20 patrullas da policía movilizaronse arredor do ponto de encontro nun intento de intimidar às organizadoras e participantes.
Despois de que rematado o debate, 70 persoas procederon a rodear o centro de detención facendo muito ruido con olas, bucinas, dando palmas, coreando e berrando. Ao final, este grupo chegou ata a entrada principal do cárcere e forzou aos guardas a fechar as portas. A policía contivose e non realizou arresto algún. Despois dunha hora de ruido, todo o mundo dispersouse sen percances.
Esta acción é unha continuación de anteriores esforzos anticarcerarios en Seattle. A gente involucrada nesta luita medrou en número desde que empezaron as manis ruidosas neste centro de detención xuvenil hai case un ano. A primeira mani ruidosa concebirase como un acto duplo de solidariedade, con as crianzas de dentro e con a folga de fame dos presos da prisión estatal de Pelican Bay, California. Entanto escrebemos estas palabras, soubemos de 45 internos do cárcere de alta seguridade Red Onion, no estado de Virginia, que comenzaron unha folga de fame desde o día 22 de maio.
A próxima acción será un micrófono aberto e proxección dunha peli no sur de Seattle, en 23 de xuño, en Life Enrichment Bookstore ubicada na Avenida Rainier, 5023, de 16:00 a 19:00 (GMT-8). Este evento continuará con unha mani ruidosa no centro de detención. A xente reunirase na 12 con Alder às 20:30 e procederá a facer ruido para que escuiten a chavalada encerrada dentro.
Continuemos a luita contra todas as prisions e usemos a imaxinación para encontrar a forma de destruir o mundo autoritario para sempre!
fonte orixinaria (en inglés): pugetsoundanarchists
29 may 2012
[Seattle - USA] Informe da mani ruidosa no centro de detención xuvenil King County
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario