Un correo chegado ao noso e-mail infórmanos da convocatoria para mañá sábado 5, ás 12:00 a.m, dunha concentración fronte ao obelisco da Coruña esixindo a liberdade de Laura, secretaria de organización da C.G.T. de Barcelona. Esta sindicalista encóntrase agora mesmo encarcerada por participar nunha "performance" durante a pasada folga xeral, consistente en queimar uns papeis que simulaban diñeiro diante do edificio da bolsa de Barcelona.Agora o seu sindicato convoca esta protesta en Coruña no marco das mobilizacións emprendidas para a súa liberación.
Laura Gómez está acusada de desordes públicas, incendio, coaccións e un delito relativo ao exercicio dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas.
-Convocatoria na web de C.G.T. Galicia aquí.
-Noticia da rolda de prensa desta anarcosindical sobre o tema en "Terceira información" aquí.
-Articulo de opinión sobre a detención de Laura neste blog aquí.
4 may 2012
Concentración en Coruña pola liberación da sindicalista de C.G.T. encarcerada
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario