Reproducimos a seguinte crónica dos actos anarquistas deste primeiro de Maio en Ourense, nós extraémola do diario dixital libertario lucense "El Retroceso" (orixinal aquí):
A pesar de que moita xente tomase o 1º de maio como un dia de festa ou de descanso da troula da noite anterior, o que simboliza é tristemente distinto. É un día pra recordar ós nosos compañeiros que loitaron polos dereitos dunha clase, a traballadora, os que loitaron alá polo ano 1886 pola xornada de 8 horas, eles seran sempre recordados coma "Os mártires de Chicago".
E en Ourense a Coordinadora de Individualidades e Colectivos Anarquístas do Noroeste invitaban a unha xornada de lembranza, unha xornada de unión e loita social pola anarquía. Dende diversos puntos da xeografia galega ía chegando a xente á praza san marcial, e as nubes escuras observaban dende o ceo como varias xeracións cas mesmas ansias de liberdade, agrupábanse nas rúas da cidade das burgas. Moi preto da praza, nuns soportales, comenzaban a montar as mesas para o xantar vegano e ás 3 da tarde, os anfitrións xa tiñan todo listo pra comezar a comer.
Despois de repousar o xantar e xa de volta na praza, leronse uns comunicados ante a presenza policial, que xa asomaba por ali.
As 6 da tarde, máis dun centear de persoas saian en marcha polas rúas, a pancarta da cabeceira levaba escrito "o problema non son os contratos lixo, senon o lixo que nos contrata", berros contra o capitalismo e os recortes, contra a ministra de traballo...
Ó pouco tempo, íase sumando máis xente á marcha, á chegada ó parque de san lazaro, xa serian máis de 150 persoas. Ali leronse uns comunicados ante a presenza curiosa dos viandantes, algún incluso ó comenzar a marchar a xente, pedia máis, unha manifestación cada día, que a loita social non podia parar!!
4 may 2012
Un día de rebelión, non de descanso en Ourense
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario