5 may 2012

Anarquistas detidos en EUA por intentar voar unha ponte


Segundo recolle con profusión a prensa comercial, un grupo de cinco anarquistas estadounidenses intentaron derrubar unha ponte da cidade de Cleveland (Ohio), en vésperas do primeiro de maio, mediante explosivos plásticos activados por control remoto.

O atentado, sempre segundo os mass media, tería sido frustrado por axentes encubertos do F.B.I., que proporcionaron o explosivo C-4 necesario para a acción desactivado e sen posibilidade de estoupar.

Os cinco detidos terían nacionalidade estadounidense, idades comprendidas entre os 20 e os 35 anos, e enfrontarían cargos por conspiración e tentativa de uso de explosivos para danar a propiedade afectando ao comercio interestatal.

Como non atopamos información de primeira man en medios alternativos, todo o exposto provén do escrito pola prensa corporativa do estado español e norteamericano. A xeito de mostra o artigo (en inglés) do "USATODAY" (aquí) ao que nós accedemos dende "anarchistnews" (aquí).

Esta é unha imaxe da ponte que pretendían voar:


No hay comentarios:

Publicar un comentario