9 mar. 2012

A policía madrileña acosa ós sen papeis

Evidentemente non se trata dun feito illado relativo á capital do estado, o acoso policial ós inmigrantes é unha práctica común en todos lados, o que pasa é que os datos filtrados últimamente da cidade de Madrid así o atestiguan, ou máis ben o deixan meridianamente claro. Ademáis dase o caso de que nesta ocasión as cifras non as facilitamos nos, os “anti-sistema”, nin sequera saen de organizacións tan proclives ó “alarmismo” coma a ONU ou Amnistía Internacional (que están cansas de dicir o mesmo), senon que desta vez os datos os publica o SUP, nada máis e nada menos que o sindicato dos madeiros.
E é que segundo as cifras publicadas por estes represores sindicados, nunha estadística realizada durante catro días escollidos de xeito aleatorio, demóstrase claramente a avalancha de identificacións racistas con que a policía acosa ós inmigrantes, convertíndose de feito na causa principal de detencións con abrumadora diferencia. Así, entre os días 9, 10, 12 e 13 de febreiro foron detidas na Comunidade de Madrid 786 persoas, 370 delas por estancia ilegal en España (o 47,07%). O día 9 foron 113 os arrestadxs, 114 o día 10, 57 o 12 e 86 o 13. As seguintes causas de detención eses días foron reclamacións xudiciais con 77 arrestos (9,79% do total) e furto coa mesma cantidade, despois virían os malos tratos (6,61%) e o roubo con forza (6,10). Outros 33 inmigrantes foron detidos eses días por atentado ou resistencia a autoridade, con toda probabilidade ata as narices de tantas identificacións.
Segundo o sindicato policiaco, a razón de tanto acoso á xente con pinta de ser estranxeira motivaríano as ordes dos mandos (baixo directrices políticas, evidentemente), que premian a detención de inmigrantes e castigan a falta de dilixencia nese eido deixando os peores turnos a quenes non alcancen os mínimos arrestos racistas requeridos.
Pero aínda que os datos feitos públicos recentemente correspondan á comunidade de Madrid, non vaiamos pensar que Galiza é un paraíso en canto ó respeto institucional do extranxeiro (e social tampouco , pero iso xa é fariña doutro costal). Sen ir máis lonxe, na Coruña as redadas racistas por parte da policía local e nacional están á orde do día; persecucións, arrestos, palizas e inxustificadas ameazas coas armas reglamentarias son só algunhas das rutinas que teñen que aturar os sen papeis ”na cidade onde ninguén é extranxeiro” (nova sobre os abusos policiais a extranxeiros, neste mesmo blog, aquí e aquí).
Noticia elaborada a través de diversas novas da prensa comercial, aquí, aquí e aquí.

C.R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario