O sábado 17 de decembro ás 18.30 na rúa Real axentes de paisano procederon a deter a un senegalés que se adica á venda ambulante. Segundo algunhas das persoas alí presentes a detención tivo lugar sen que o detido ofrecera resistencia e cunha brutalidade e violencia imposibles de xustificar. Incluso algunhas persoas chegaron a enfrontarse á Policía para que deixara de dar ese trato desproporcionado ao detido. Convén destacar que un dos policías de paisano implicado foi o mesmo que o día 4 de agosto deste ano apuntou no Cantón Grande coa súa arma a un senegalés sen que este opuxera resistencia ou estivera cometendo delito algún.
As anteriores liñas son un fragmento do comunicado da Asociación Sen Papeis da Coruña, que leva tempo denunciando a situación de acoso e desprotección na que se atopan as persoas inmigrantes adicadas á venda ambulante na cidade. No resto do manifesto rechazan os feitos e pidenlle a policía e o goberno municipal que cumpran as sua propias leis. Podedes atopar o comunicado completo neste enlace o Foro Galego de Inmigración (-Aquí).
20 dic 2011
Violenta detención dun "manteiro" na Coruña
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario