Segundo informan diversos medios informativos empresariais, o pasado xoves 5 ás 10:45 da mañá localizouse un artefacto incendiario na porta da sede da "Mutua Gallega" da céntrica rúa Rubine da Coruña. O coctel molotov, que ó parecer tiña acoplada unha mecha, desactivouno o delegado da compañía botandolle enriba dous vasos de auga, despois de seres advertido do suceso por unha parella que paseaba pola rúa e maila porteira do edificio.
Ó parecer, a policía considera o acto coma "algún tipo de represalia ou vinganza" e o desvincula de motivacións "políticas independentistas". Pero iso non impediu a certos medios corporativos encher a nova con resumos das últimas actuacións policiais contra o entorno arredista galego.
Polo que nós atopamos na prensa empresarial o atentado cometeríase o xoves cinco, malia os medios independentistan ó situan no sábado.
-Artigo en "Galizalivre" -aquí
-Artigo en "diario liverdade" -aquí
Os artigos nos medios corporativos, que nós empregamos pra redactar a nova, non os imos sinalar porque son doados de atopar e porque non queremos facerlles publicidade.
10 ene 2012
Atentan contra a sede da "Mutua Gallega" na Coruña
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
veo, veo... Waltrapeo!!!
ResponderEliminar