11 ene 2012

Xornadas Anticarcelarias na lembranza de Xosé Tarrío


Palestra: "Asasinar a dignidade", na lembranza de Xosé Tarrío.
Mércores 11 de xaneiro, as 20:30h no CSO Casa do Vento (Rueiro de Figueiriñas nº 15, Compostela)

Debate-Coloquio, coa intervención de Pastora, nai de Xosé; Carmen, nai de Diego Viña; e outras compas.
Xoves 12 de xaneiro, as 20:30h na Biblioteca Anarquista a Ghavilha (r/ Pontedarraíña nº 8, Compostela)

Homenaxe a Xosé,na praia do Riás (Malpica), domingo 8 de xaneiro ás 14h (no cartaz está equivocado)

Durante o mes de Xaneiro haberá unha exposición de cadros e láminas de Xosé na Casa do Vento e na Biblioteca A Ghavilha.

15 comentarios:

  1. debate colquio , sobre que???

    ResponderEliminar
  2. komo pon no titulo das xornadas ,estas son anticarcelarias,asi k o debate sera sobre a carcere e a represion k sufrimos nos ultimos anos nos actos d solidaridade con os presxs(marcha a teixeiro,concentracions diante da guardia civil d arteixo...)igual tiñamos k especificar un puko mais no titulo da charla,mais sabendo d ke van as xornadas esta claro k o debate non vai sobre futebol

    ResponderEliminar
  3. A homenaxe será o domingo 8 (no cartaz está equivocada a data)

    ResponderEliminar
  4. Pois, con explicación e cartaz incluidas, a min segue sen quedarme claro de que se vai a debatir o día 12

    ResponderEliminar
  5. pois o final vai ser debate sobre futebol,jejeje,pa ken non se kere enterar non hai informacion k valga

    ResponderEliminar
  6. O comentario que di o do futebol é unha absoluta tontachada. Non é que a xente non se queira enterar, é que na convocatoria solo se fala das ponentes. A temática entorno aá loita anticarcelaria é moi ampla.
    Non sei porquehai tanto problema en respostar claramente a quen pregunta por unha convocatoria pública. paleto!

    ResponderEliminar
  7. un pouko paleto si k son, komo dicia no 2 comentario , o debate sera sobre o karcere e a represion k sufrimos nos ultimos anos nos actos d solidariedade cxs presxs(teixeiro e arteixo)...mais d listos esta o mundo cheo, eu prefiro ser un puko paleto e desconfiado ca xente k parece k non se kere enterar

    ResponderEliminar
  8. 1vale, pois moi ben, ides a debatir sobre multas e rodas pinchadas...ta ben!

    2desconfiado de que? pero non ves que tratase dunha convocatoria PÚBLICA.

    3desculpa, pero un pouco de listo si que vas, coas túas gracietas sobre futebol fuches o primeiro en rirte da xente e tentar ir de listo.
    veña! a pastar!

    ResponderEliminar
  9. A ver, eu espero que o debate (se há tal) vaia por melhor caminho que o jurdido aqui entre dous entes virtuais e anónimos (ou é só um fazendo um paripé??, pq poderia ser).

    A temática é o cárcere, o que jurda depois, igual nom deveria-se denominar debate (sobre tudo, como neste caso, se as pessoas convidadas pensam o mesminho sobre o tema), senom mais bem charla-colóquio e se há discrepâncias entre as assistentes em sobre como cada quem ve o cárcere, pois haverá debate (ou nom).

    Assim a bote pronto em outras jornadas anticarcerárias tem havido debates ao respeito de se os cárceres som ou nom som necessários??, se nom há cárceres, como se castiga as acçons puníveis de fascistas ou de violadores ou de...?? , ou questonamentos como há presas políticas e sociais ou som todas políticas??...e o que poida jurdir em torno à própria existência dos cárceres e da repressom.

    ResponderEliminar
  10. Por fin!!!!!!!
    Gracias edu, ao fin unha resposta satisfactoria e respetuosa. Non é tan difícil recoñecer que se convoca un debate carente dun enfoque e dunha temática concreta. Aínda que nun principio pensei que simplemente se trataba dun erro do cartaz, por iso preguntaba.

    Edu, non sexas tan conspiranoico, que a discusión que oubo aquí foi real, non hai ninguén facendo paripé.

    ResponderEliminar
  11. a humildade e educación sobre as persoas, e tan importante como calquer loita, non se pode ir de graciosillo nun tema coma este, cando alguen que esta interesado, se lle conteste que vaise falar de futbol, porque asi o unico que ides conseguir, e que non vaia ninguen, posto que non se ve seriedade ningunha, e mais facendo bromas de patio de colexio... ninguen e mellor que ninguen, e ninguen fai mais ca outro, a humildade e moi importante na vida, e iso so se consigue de pequeno, se de pequeno non aprendes o que é a humildade, de maior vas dun pao que non é o teu, o que dixo o do futbol, notase a leguas de onde ben, e o que pretende ser hoxe en dia... sen mais, pa proxima ser un pouco mais considerados ca xente

    ResponderEliminar
  12. iso mesmo, non é aprimeira vez que un cartaz ten erros, ou está incompleto. tampouco é a primeira vez que alguén pretende aclarar dúbidas ou facer correccións lingÜísticas, etc...

    Non comprendo porque cada vez que alguén plantexa unha dúbida ou unha corrección dende a lóxica da convocatoria, a xente se pon en plan defensivo como se tales erros non existisen ou non se poidesen plantexar.
    por outra banda, tampouco vou a poñerme a xulgar a quen non quere respostar, ou a quen fala de futebol, el saberá porque adopta esa actitude, eu vou ao meu.

    simplemente resulta curioso que cada vez que alguén usa a ferramenta de comentarios para o que hai que usala( resolver dúbidas, complementar novas...) a xente resposte tonterías do calibre de "imos falar de futebol" ou "isto non é a web da Real Academia da Lingua", porque o único que se consegue e crear incomodidade gratuíta, coas súas consecuencias para a propia nova ou convocatoria.

    ResponderEliminar
  13. Pois si! eu penso que pa contestar parvadas coma aquela e mello calar a boquiña, o que pasa que hai moto anarquista, que antes de cambiar o mundo deberia cambiarse si mesmo primeiro (como deberiamos facer todos) o unico que conseguides asi, e que a xente vos tome por niñatos, que en realidade é o que sodes... e a min como anarquista, dame vergonza ter que ver esa clase de parvadas, antes as cousas non eran asi, deben ser as novas xeneracións..... en fin, pa proxima falar con responsabilidade, ou se non a comentar no foro de chenoa!

    ResponderEliminar
  14. POis poñer o enlace do foro de chenoa? E curiosidade

    ResponderEliminar
  15. A ver xente, eu son un dos que administra este blog e, ata ó de agora, preferín non meterme na discusión. Pero, chegados a este punto, e dende o máximo respeto, gustaríame pedirvos a todos un pouquiño de autocontrol.
    É responsabilidade de todolos anarquistas que usamos dalgún xeito este blog que a ferramenta dos comentarios cumpra a función positiva e útil que debería ter. Independentemente de quen teña (ou crea ter) a razón, quizais fose convinte deixar agora mesmo de alimentar a discusión.
    Saúde!

    ResponderEliminar